Inicio Galicia A Xunta aborda os novos riscos laborais xerados pola pandemia para garantir...

A Xunta aborda os novos riscos laborais xerados pola pandemia para garantir a seguridade industrial dos traballadores

0

A directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, inaugurou hoxe en Santiago de Compostela por videoconferencia o IV Congreso internacional sobre a prevención e a seguridade industrial 4.0 no contexto covid-19

A directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, destacou hoxe a importancia de vixiar os novos riscos laborais que están xurdindo no novo contexto laboral xerado pola covid-19 para facer fronte a eles e garantir a seguridade laboral dos traballadores e traballadoras. Así o destacou hoxe na inauguración do IV Congreso internacional A prevención e a seguridade industrial 4.0 contexto covid-19, no que a responsable autonómica participou por videoconferencia.

O evento, organizado polo Consello Galego de Enxeñeiros Técnicos Industriais (Cgti), a Asociación de profesionais de seguridade e saúde laboral de Galicia (Aprosal) e a Consellería de Emprego e Igualdade, a través do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga), abordou precisamente os novos retos en prevención e seguridade industrial para loitar contra a pandemia. No congreso, ademais, actualizáronse os contidos técnicos e normativos no ámbito da Industria 4.0, de especial relevancia nas empresas galegas. Así, os principais relatorios versaron sobre a adaptación da prevención laboral ao teletraballo, a xestión ante a covid-19 nas empresas ou as enfermidades profesionais no contexto actual.

Mancha puxo en valor o traballo realizado polo Issga durante a crise sanitaria para garantir a seguridade dos traballadores e traballadoras galegas, destacando o importante labor técnico e de especialización que leva a cabo para loitar contra a covid-19. É preciso lembrar que o Issga deseñou unha folla de ruta con medidas de diagnose e análise e implementou plans de acción orientados a garantir a seguridade e saúde laboral do tecido empresarial galego, con especial atención ás pemes e os autónomos. A Xunta, de feito, atendeu preto de 700 consultas e elaborou 40 guías e protocolos sectoriais para garantir a seguridade dos traballadores na pandemia.

A directora do Issga, Adela Quinzá-Torroja, participará pola tarde nun relatorio sobre as actuacións do Instituto no contexto covid-19, no que exporá o traballo que se está a levar a cabo e o acompañamento que se está a ofrecer ao tecido produtivo galego.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre