Inicio Galicia A Xunta aborda cos xoves empresarios os plans para a reactivación económica...

A Xunta aborda cos xoves empresarios os plans para a reactivación económica e o impulso do emprendemento

0
image_gallery.jpg

A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, mantivo en Santiago de Compostela unha xuntanza co presidente da Federación Galega de Xoves Empresarios (Fegaxe), Luciano Covelo


A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, vén de reunirse en Santiago de Compostela por videoconferencia co presidente da Federación Galega de Xoves Empresarios, Luciano Covelo. O encontro, enmarcado na rolda de contactos aberto pola titular de Emprego cos diferentes representantes do tecido empresarial e asociativo da comunidade, permitiu sentar as bases para colaboracións futuras en prol do emprendemento e da recuperación económica.

Fegaxe representa en Galicia a cerca de 1.400 empresas e ten entre os seus obxectivos defender os intereses dos novos empresarios en todos os foros, apoiar as iniciativas empresariais entre os máis novos e proporcionarlles servizos de apoio. Precisamente a conselleira, María Jesús Lorenzana, deixou patente no encontro o importante labor que desempeña a entidade para favorecer e impulsar o emprendemento e avanzar cara a recuperación económica tras a pandemia, un traballo para o que tendeu a man a esta entidade cara a establecer un diálogo estable.

Lorenzana atribuiu a Fegaxe o seu papel fundamental no impulso do emprego ao que contribuirá tamén o Plan de rescate de persoas traballadoras autónomas e microempresas, que se abordou tamén na xuntanza, e no que traballa a Consellería de Emprego e Igualdade e que prevé a inxección de 70 millóns de euros, da que se poderán beneficiar 30.000 autónomos e 10.000 microempresas.

O Plan de autónomos diríxese ás empresas máis afectadas polas limitacións na súa actividade por mor das medidas sanitarias derivadas da pandemia e, en especial, permitirá atender as necesidades dos sectores que teñen no exercicio da súa actividade unha compoñente fortemente presencial e para os que Fegaxe demandou axuda. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre