Inicio Galicia Ourense A Xunta aborda coa Mancomunidade de concellos da comarca de Ourense a...

A Xunta aborda coa Mancomunidade de concellos da comarca de Ourense a posta en marcha dun Centro de Información á Muller

0


A Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ourense reuniuse hoxe coa secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella e coa delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira para abordar a posta en marcha dun Centro de Información á Muller.Ao encontro, na casa do Concello de Paderne de Allariz, sede da Mancomunidade asistiron representantes dos concellos que conforman a Mancomunidade de Muncipios da Comarca de Ourense son: Paderne de Allariz, Baños de Molgas, Esgos, Maceda, Nogueira de Ramuín, Parada do Sil, Pereiro de Aguiar, San Cibrao das Viñas, Xunqueira de Ambía e Xunqueira de EspadañedoA decisión pon de novo en valor a importancia dos CIM e o seu papel como porta de entrada e apoio ás mulleres en situación de vulnerabilidade. Ademais esta iniciativa parte dos propios concellos, o que evidencia a necesidade da concienciación dos municipios na implantación deste tipo de centros.Na reunión, tamén participaron o persoal técnico da Mancomunidade e a subdirectora de Xestión Económica da Secretaría Xeral de Igualdade.Actualmente a provincia de Ourense conta con 14 Centros de Información á Muller.

Leer más:  O mal tempo non frea aos peregrinos: Santiago recibe 4.000 camiñantes antes do arranque dos festivos

- Te recomendamos -