Inicio Galicia A Xunta aborda coa Asociación de Mulleres do Sector Público liñas de...

A Xunta aborda coa Asociación de Mulleres do Sector Público liñas de colaboración para promover a igualdade na Administración

0
image_gallery.jpg

A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, mantivo hoxe en Santiago de Compostela unha xuntanza coa coordinadora da delegación territorial de Galicia de ASMP, Patricia Iglesias, e a subdirectora de Administración local, Raquel Bahillo


A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, mantivo hoxe en Santiago de Compostela unha xuntanza coa coordinadora da delegación territorial galega da Asociación de Mulleres do Sector Público (ASMP); Patricia Iglesias, e coa subdirectora de Administración local, Raquel Bahillo, para abordar liñas de colaboración co obxectivo de promover a igualdade na Administración. A reunión forma parte da rolda de contactos que está a manter Lorenzana cos principais axentes sociais e económicos de Galicia.

A titular de Emprego e Igualdade destacou que a Xunta comparte os retos e valores desta asociación que traballa para visualizar a posición da muller na Administración e para fomentar a igualdade e o seu acceso aos postos de responsabilidade no sector público. En palabras de Lorenzana, trátase de recoñecer o labor que desempeña a muller no sector público e poñer en valor a súa capacidade de liderado.

A Asociación de Mulleres do Sector Público, de ámbito estatal, naceu da man dun grupo de empregadas públicas dos distintos eidos como son a educación, sanidade o xustiza, entre outros.

Lorenzana sinalou que un dos retos do Goberno galego é apoiar o empoderamento económico e social das mulleres en todos os sectores, público e privado. Así, apuntou que o VII Plan estratéxico de Galicia para a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes 2017-2020 recolle dentro dunha das súas áreas estratéxicas a igualdade no emprego e innovación, fomentando a igualdade nas condicións laborais e no desenvolvemento da carreira profesional.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre