Inicio Galicia A Xunta aborda co Concello de Ferrol os avances no proxecto de...

A Xunta aborda co Concello de Ferrol os avances no proxecto de saneamento do río Sardiña, que complementa as obras da enseada da Malata

0

O Goberno galego presentaralle ao Concello o proxecto unha vez que estea rematado, previsiblemente a comezos do verán, cando se concretará tamén o cofinanciamento da actuación

A directora de Augas de Galicia, Teresa Gutiérrez, abordou hoxe co concelleiro de Urbanismo de Ferrol, Julián Reina, os avances no proxecto de saneamento do río Sardiña, que complementará as obras que se están a executar na enseada da Malata.

Na xuntanza, a directora de Augas de Galicia comprometeu que, unha vez concluída a redacción do proxecto desa actuación, previsiblemente a comezos de verán, presentarase ao Concello a solución técnica definida. Nese momento será tamén necesario concretar o cofinanciamento das obras.

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, está a ultimar a redacción do proxecto para o saneamento do río Sardiña, adxudicado por 17.500 euros á empresa Proyfe, S.

L. Os traballos consisten na elaboración do proxecto construtivo do colector-interceptor da marxe esquerda deste río, no tramo A Malata e Ponte da estrada da Malata. O interceptor verterá á rede de saneamento da Malata que executa na actualidade Augas de Galicia.

Na actualidade a conca do río Sardiña desemboca na enseada da Malata da ría de Ferrol e dispón dunha rede de saneamento unitaria con importantes deficiencias en moitos dos colectores existentes na entorno. A actuación prevé, ademais do novo colector, as actuacións necesarias para repoñer e ampliar os colectores de saneamento máis precarios nesta zona para evitar vertidos incontrolados ao río Sardiña e a súa contorna.

O investimento necesario para as obras estímase en 700.000 euros e a súa execución está prevista para comezos de 2021.

Os servizos de saneamento son unha competencia exclusiva municipal, e a Xunta colabora cos concellos para a súa axeitada prestación, a través de Augas de Galicia.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre