Inicio Galicia A Xunta abona máis de 10 millóns de euros en cumprimento do...

A Xunta abona máis de 10 millóns de euros en cumprimento do acordo de cofinanciamento da depuradora de Vigo

0

O Goberno galego leva aboados ata 2018 máis de 46 millóns de euros do total de case 80 millóns que achegará á depuradora de augas residuais de Lagares

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, abona máis de 10 millóns de euros en cumprimento do acordo de cofinanciamento da depuradora de Vigo.

A Xunta de Galicia vén de satisfacer así o pago a Acuaes da cantidade comprometida para o ano 2019. Nesta liña de cofinanciamento, o Goberno galego xa leva aportado ata 2018 máis de 46 millóns de euros do total de case 80 millóns que achegará a esta infraestrutura.

Cómpre precisar que a recadación do canon da auga na cidade de Vigo en 2018 por parte de Augas de Galicia ascendeu a un total duns 5 millóns de euros, a metade do investimento que o Executivo autonómico aporta este ano para cofinanciar a depuradora.

O Goberno galego continúa a colaborar coa mellora do saneamento no municipio, e o vindeiro ano investirá 1 millón de euros para atender as demandas dos veciños de Teis.

Ademais, a Administración autonómica está implicada na procura de solucións para os problemas de abastecemento a Vigo e a comarca, para o que cofinancia un estudo en colaboración co Concello e o Goberno de España.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre