Inicio Galicia A Xunta, a universidade galega e os membros do Consello Forestal de...

A Xunta, a universidade galega e os membros do Consello Forestal de Galicia consensúan os contidos do futuro Inventario Forestal Continuo

0

Na reunión participaron membros das universidades de Santiago de Compostela e Vigo, que están a realizar parte da investigación deste inventario


A Consellería do Medio Rural, a través da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, xunto coas universidades de Santiago de Compostela e de Vigo, organizaron conxuntamente unha videoxornada de participación dirixida ás organizacións, asociacións e departamentos que compoñen o Consello Forestal de Galicia.

O obxecto de dita xornada consistiu en presentar os resultados dunha enquisa elaborada pola USC, que foi achegada no mes de abril aos membros do Consello Forestal de Galicia, coa finalidade de coñecer a opinión deste Consello sobre o proxecto de Inventario Forestal Continuo de Galicia.

Desta forma, analizáronse e debatéronse as expectativas, demandas e as necesidades que as organizacións, asociacións e entidades involucradas no sector forestal galego desexan que incorpore dito inventario. Ao longo da xornada tamén se presentaron diferentes alternativas técnicas para dar cumprimento aos requisitos expostos a través de ditas enquisas.

Ademais, no seo da xuntanza, a Consellería do Medio Rural creou un grupo de traballo coas organizacións sectoriais que remitiron as súas inquedanzas a través da enquisa realizada. Deste xeito, manterase unha liña activa de participación e transferencia de resultados parciais do desenvolvemento do Inventario Forestal Continuo de Galicia. Un traballo conxunto que resulta estratéxico para os produtores e organizacións que compoñen o Consello Forestal e a cadea monte-industria de Galicia.

Inventario Forestal ContinuoO Inventario Forestal Continuo de Galicia ten como obxectivo establecer unha folla de ruta conxunta que permita, por unha banda, facer seguimento da cantidade e do estado das masas arboradas, e por outra, crear unha estratexia de apoio ás decisións en materia de política forestal mediante un sistema de monitoraxe forestal continuado.

Ademais, este documento dará cumprimento a unha das recomendacións do Ditame da Comisión especial non permanente de estudo e análise das reformas da política forestal, de prevención e extinción de incendios forestais e do Plan Forestal de Galicia, que sinalaban que era necesario crear un sistema de información e estatística forestal de Galicia, como mecanismo que permitise facer diagnoses adecuadas e ser unha ferramenta esencial para a toma de decisións de políticas públicas ou empresariais relacionadas co sector forestal. Así, a posta en marcha deste inventario é de gran relevancia e está entre as prioridades de execución da Xunta dada a importancia do sector forestal na nosa comunidade. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre