Inicio Galicia A Xunta, a través do GDR da comarca de Lugo, apoia co...

A Xunta, a través do GDR da comarca de Lugo, apoia co 70% do investimento a creación dun local social en San Miguel de Constante (Guntín)

0

O delegado territorial, José Manuel Balseiro, visitou as novas instalacións, que recibiron unha axuda de 43.300 euros


A Consellería do Medio Rural, a través do Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) da comarca de Lugo, apoiou a construción dun local social promovido pola asociación de veciños de San Miguel de Constante -Os Churrasqueiros-, no municipio de Guntín.

O delegado territorial da Administración autonómica, José Manuel Balseiro, visitou hoxe as novas instalacións, que recibiron unha axuda de 43.300 euros dos fondos Leader, o que supón o 70% do investimento total (69.000 euros). Balseiro estivo acompañado pola alcaldesa de Guntín, María José Gómez Rodríguez, e o presidente do GDR, José Ángel Santos, ademais de representantes da asociación veciñal.

Este colectivo impulsou o proxecto co obxecto de dispor na parroquia dun local para destinalo a diferentes usos socioculturais, como a celebración de xuntanzas e actividades lúdicas, deportivas e culturais.

O inmoble está situado no campo da festa. Segundo destacou o delegado territorial, será “un local social de referencia nesta parroquia”, que conta con arredor dun cento de veciños e veciñas.“A nova instalación facilitará á asociación veciñal a organización e desenvolvemento das súas actividades, dado que non existía ningún outro local na parroquia”, dixo Balseiro, quen puxo de relevo a importancia da medida Leader para a dinamización tanto económica como social e cultural do medio rural galego.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre