Inicio Galicia A Vicepresidencia da Xunta aporta máis de 26.000 euros para os gastos...

A Vicepresidencia da Xunta aporta máis de 26.000 euros para os gastos de funcionamento de 14 agrupacións de voluntarios de Protección Civil da área de Santiago

0

As axudas permiten facer fronte aos seguros para os voluntarios, a compra de uniformes, de sistemas de comunicación ou de equipamentos de prevención e de protección

As agrupacións de persoal voluntario de Protección Civil dos concellos da área de Santiago recibirán da Vicepresidencia da Xunta de Galicia un total de 26.278 euros a través da orde de colaboración económica con estas entidades, destinada a posibilitar o seu funcionamento a través do financiamento de gastos de natureza corrente. O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución das axudas.

As entidades, que están inscritas no Rexistro de Agrupacións de Persoal Voluntario de Protección Civil de Galicia, percibirán entre 2.600 e 1.200 euros e son as dos concellos de Ames, Arzúa, Boimorto, Boqueixón, Melide, Negreira, Oroso, Padrón, Rois, Santa Comba, Teo, Val do Dubra e Vedra. Ademais, tamén percibirá unha axuda a agrupación de voluntarios que comparten de xeito mancomunado Ordes e Frades.

As subvencións están destinadas a comprar os uniformes dos voluntarios, os medios de intervención, material informático e de comunicacións, así como os equipamentos de prevención e de protección persoal e colectivo, sempre que se trate de material funxible.

Esta liña de axudas tamén permite facer fronte aos gastos ocasionados durante as actuacións levadas a cabo polas agrupacións en materia de protección civil, así como aqueles investimentos para a conservación, mantemento ou alugamento da súa base. Por último, a través desta orde as agrupacións tamén poden pagar os seguros do persoal voluntario de protección civil e os gastos ocasionados pola formación dos seus compoñentes.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre