Inicio Galicia A Vicepresidencia da Xunta achega máis de 100.000 euros para os gastos...

A Vicepresidencia da Xunta achega máis de 100.000 euros para os gastos de funcionamento de 60 agrupacións de voluntarios de Protección Civil da provincia de Ourense

0

As axudas permiten facer fronte aos seguros para os voluntarios, a compra de uniformes, de sistemas de comunicación ou de equipamentos de prevención e de protección 

As agrupacións de persoal voluntario de protección civil dos concellos da provincia de Ourense recibirán un total de 109,889,55 euros da Vicepresidencia da Xunta de Galicia, a través da orde de colaboración económica con estas entidades destinada a posibilitar o seu funcionamento a través do financiamento de gastos de natureza corrente. O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución das axudas.

Na provincia de Ourense foron un total de 60 entidades as beneficiarias nesta convocatoria, con achegas que van dende os 600,00 euros ata máis de 2.700,00 euros, como é o caso da asociación do Concello de A Gudiña ou a da Mancomunidade do Ribeiro.

As subvencións están destinadas a comprar os uniformes dos voluntarios, os medios de intervención, material informático e de comunicacións, así como os equipamentos de prevención e de protección persoal e colectivo, sempre que se trate de material funxible.

Esta liña de axudas tamén permite facer fronte aos gastos ocasionados durante as actuacións levadas a cabo polas agrupacións en materia de protección civil, así como aqueles investimentos para a conservación, mantemento ou alugamento da súa base. Por último, a través desta orde as agrupación tamén poden pagar os seguros do persoal voluntario de protección civil e os gastos ocasionados pola formación dos seus compoñentes. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre