Inicio Galicia A USC e Política Lingüística entregan os XIII Premios á Calidade Lingüística

A USC e Política Lingüística entregan os XIII Premios á Calidade Lingüística

0

O secretario xeral participou hoxe no acto de entrega destes galardóns cos que as comisións de normalización lingüística da universidade compostelá impulsan o uso e a visibilización do galego no ensino superior

A Universidade de Santiago de Compostela (USC) e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da súa Secretaría Xeral de Política Lingüística, fixeron hoxe entrega dos XIII Premios á Calidade Lingüística, uns galardóns outorgados polas comisións de normalización lingüística da universidade compostelá cos que as dúas institucións impulsan o uso e a visibilización do galego no ensino superior. No acto participou o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, quen animou ao alumnado premiado a “seguir empregando o idioma propio de Galicia como ferramenta de traballo tanto da vida académica como profesional”. Recolleron cadanseu premio 15 alumnos e alumnas dos campus compostelán e lugués que concorreron canda máis dun cento de compañeiros e compañeiras que tamén optaron a eles. Recibirán, segundo o establecido nas bases, unha dotación económica de 500 (na modalidade de fin de mestrado), 300 (nas modalidades de fin de grao e de fin de carreira) e 150 euros (na modalidade de traballo académico), ademais dun diploma acreditativo.

Leer más:  Procesiones suspendidas este Jueves Santo en Galicia por el temporal, con rachas que superan los 120 km/h

Participaron tamén na entrega, que se celebrou na Facultade de Xeografía e Historia, a vicerreitora de Servizos Universitarios do Campus de Lugo, Mª do Carme Silva; o decano, Francisco Durán; e o director do Servizo de Normalización Lingüística, Manuel Núñez Singala.

Traballos académicos e traballos fin de grao e fin de carreiraFixéronse cos galardóns na modalidade de traballos académicos, de entre os 12 presentados, Lidia Gómez Martínez, polo titulado “Lingua e clase nas telenovelas: a dobraxe galega de Pasión de Gavilanes” (Área de Arte e Humanidades); Fernando Riveiro Formoso, por “Crecemento económico e medio ambiente” (Área de Ciencias Sociais e Xurídicas); Carlos Fernández Leira, por “As matemáticas do que somos” (Área de Ciencias); e Alba Ben García, por “Diálise peritoneal e hemodiálise” (Área de Ciencias da Saúde).

Na modalidade de traballos fin de grao e fin de carreira, á que concorreron 73 traballos, levaron os premios, Miguel Martínez Cabaleiro, polo traballo “Mudanzas poboacionais de Eisenia sp. e cambios no nivel de nutrientes en tres substratos orgánicos” (Área de Enxeñería, ex aequo) e Diego Carracedo Conde, por “Sistema de automatización de probas en proxectos de Intelixencia de Negocio” (Área de Enxeñería, ex aequo); Fernando Riveiro Formoso, por “A importancia da intermediación financeira para o crecemento económico. Teoría e evidencia empírica internacional” (Área de Ciencias Sociais e Xurídicas); Fernando Castro Prado, por “Técnicas de clasificación” (Área de Ciencias); Marina Rego García, por “Vacinación oral fronte a enfermidades infecciosas” (Área de Ciencias da Saúde); Celtia Rey Brandón, por “Formación de interxeccións e marcadores do discurso sobre verbos de movemento en galego” (Área de Arte e Humanidades, ex aequo); Carlos de Francisco Mantiñán, por “O desenvolvemento industrial galego” (Área de Arte e Humanidades, ex aequo) e Alba María Rodríguez Díaz, por “A improvisación oral galega: o brindo ou loia como obxecto de estudo” (Área de Arte e Humanidades, ex aequo).

Leer más:  El temporal deja este viernes en Galicia más de 400 incidencias

Traballos fin de mestradoDe entre os 46 que concorreron a esta modalidade, fixéronse cos galardóns Katia Estalote Lago, polo traballo “Control dimensional mediante correlación dixital de imaxes do ensaio de tracción paralela á fibra en madeira” (Área de Enxeñería); Mercedes Martínez Lorenzo, por “Aproximación creativa ao ensino do vocabulario na clase de inglés de Secundaria: reflexións teóricas e proposta de actividades lúdicas” (Área de Ciencias Sociais e Xurídicas, ex aequo); Tamara Rial Montes, por “Avaliación da competencia bilingüe en galego e castelán de alumnado galegofalante e castelánfalante de 4º da ESO” (Área de Ciencias Sociais e Políticas, ex aequo); Diego Cidrás Fernández, por “Conflitos de contido ambiental: unha análise xeográfica de dous casos en Galicia” (Área de Ciencias Sociais e Políticas, ex aequo), Ana Belén Buíde Carballosa, por “Optimización baixo incerteza en redes de gas” (Área de Ciencias); Cristina Núñez Ouzande, por “Relación da produción de vocabulario coa complexidade gramatical” (Área de Ciencias da Saúde) e Claudia Mariño Gómez, por “Literatura galega e poscolonialidade: a obra de Xosé Luís Méndez Ferrín” (Área de Arte e Humanidades).

Leer más:  Un conductor se sale de la carretera y se choca contra la mediana en Toén (Ourense)

- Te recomendamos -