Inicio Galicia A tempada de caza 2018-2019 comezará o vindeiro 1 de agosto e...

A tempada de caza 2018-2019 comezará o vindeiro 1 de agosto e rematará o 31 de xullo de 2019

0

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, na que ademais de fixarse as épocas hábiles, se indican as medias de control por danos e os réximes especiais por cada especie

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a resolución pola que se determinan as datas que da tempada de caza 2018-2019, así como as medidas de control por danos e os réximes especiais por especies. Deste xeito, a nova tempada de caza abarca o período comprendido entre o 1 de agosto ata o 31 de xullo de 2019,Así, a Dirección Xeral de Patrimonio Natural establece como período hábil para exercer esta práctica, válido con carácter xeral, vai desde o 21 de outubro de 2018 ata o 6 de xaneiro de 2019, considerándose días hábiles de caza, con carácter xeral, os xoves, domingos e festivos de carácter estatal e autonómico; coas excepcións que para cada especie se sinalan no Título V da resolución.

Leer más:  La compraventa de viviendas en Galicia aumenta un 38,4% en febrero, seis veces más que la media nacional

Tal e como se establece na Resolución, a norma regula os períodos hábiles de caza, as especies sobre as que se poderá exercer a práctica cinexética, os métodos autorizados e as limitacións xerais ou particulares que afectarán ao exercicio desta actividade na Comunidade Autónoma durante a próxima tempada 2018-2019.

Unha das novidades que recolle a nova tempada de caza é que se amplía o período hábil para a captura de xabaril, respecto da tempada anterior, ao concluír o 3 de febreiro de 2019; mentres que na tempada anterior rematou o 14 de xaneiro de 2018. Así, o período hábil para a caza de xabaril establécese como sigue: en terreos de réxime cinexético especial do 25/08/2018 ata o 03/02/2019 xoves, sábados, domingos e festivos. En terreos de réxime cinexético común do 25/08/2018 ata o 31/08/2018 e do 07/01/2019 ata o 03/02/2019 os xoves, sábados, domingos e festivos, e do 01/09/2018 ao 05/01/2019 unicamente os sábados.

Outra das novidades que se recollen para a nova tempada, destaca a normalización dun total de 15 procedementos administrativos recollidos na resolución. A finalidade é axilizar a tramitación, así como a comunicación aos solicitantes. Na seguinte táboa indícanse os procedementos modelizados, así como a entidade que resolve:  Procedemento Entidade Prazo presentación/ solicitude Aprobación do plan anual de aproveitamento cinexéticoXefatura territorialAta 11-07-2018 Renovación do plan de ordenación cinexéticaXefatura territorialAta 30-06-18 Comunicación previa das cazarías que se realicen baixo a modalidade de batida, montería, espera e axexoXefatura territorialVarios

Leer más:  La compraventa de viviendas en Galicia crece 38,4% en febrero, seis veces más que la media nacional

- Te recomendamos -