Inicio Galicia A tarxeta Xente Nova comezará a emitirse mañá nos concellos da área...

A tarxeta Xente Nova comezará a emitirse mañá nos concellos da área de Pontevedra, onde os menores de 21 anos poderán empregala desde o vindeiro 15 de xuño

0

Uns 1.000 mozos de Marín poderán beneficiarse deste dispositivo, que permite que os menores de 21 anos viaxen gratis no transporte público dependente da Xunta

A tarxeta Xente Nova comezará a emitirse mañá en 13 concellos da área de Pontevedra, onde os menores de 21 anos poderán empregala a partir do 15 de xuño, o que lles permitirá realizar viaxes gratis no transporte público dependente da Xunta.

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, mantivo esta mañá un encontro de traballo coa alcaldesa de Marín, María Ramallo, para abordar a implantación deste novo dispositivo neste municipio e noutros doce concellos da área de Pontevedra (Pontevedra, Poio, Ponte Caldelas, Marín, Vilaboa, Soutomaior, Bueu, Sanxenxo, Barro, Moraña, Campo Lameiro, Cerdedo-Cotobade e A Lama). A tarxeta Xente Nova tamén se implantará, de xeito paralelo, en toda a provincia de Ourense. Segundo lle comunicou a conselleira á alcaldesa, o comezo desta medida estaba previsto para mediados de marzo, pero tivo que adiarse pola declaración do estado de alarma. Reactívase agora que a situación sanitaria o permite, de forma coherente coa paulatina recuperación do transporte público.

Uns 1.000 mozos de Marín poderán beneficiarse deste dispositivo, formándose no uso dunha mobilidade sostible e segura, de pago sen contactos. A partir de mañá, día 10 de xuño, 3 oficinas de Abanca habilitadas do concello de Marín comezarán a emitir as tarxetas, que os menores de 21 anos poderán empregar a partir do día 15.

Para conseguila é necesario solicitar unha cita previa na oficina, algo especialmente importante na situación actual, con restricións de aforo nas entidades motivada pola covid-19. Os menores de idade deberán ir acompañados dun dos seus proxenitores.

As tarxetas funcionan a modo de tarxeta monedeiro e non precisan ter unha conta asociada. Deben ter un saldo inicial para empezar a viaxar e, posteriormente, irá reembolsándose cada 15 días o importe das viaxes realizadas, ata un máximo de 60 viaxes mensuais.

Para facilitar o pago seguro e evitar contaxios, os maiores de 21 anos poderán empregar a Tarxeta de Transporte TMG. Tamén se pode solicitar desde mañá nas oficinas habilitadas e comezar a empregala desde o 15 de xuño.

Listado de oficinas da área de Pontevedra nas que se pode solicitar a tarxeta Xente Nova e TMG.   Pontevedra

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre