Inicio Galicia A Tarxeta Benvida xa se pode utilizar para comprar nas ópticas de...

A Tarxeta Benvida xa se pode utilizar para comprar nas ópticas de Galicia

0

Axudará as familias no pago de servizos e produtos destinados a pequenos de entre 0 a 3 anos para mellorar a súa saúde visual

As familias usuarias da Tarxeta Benvida poderán utilizala para comprar nas tendas ópticas de Galicia. Desta maneira, esta axuda da Xunta contribuirá a financiar os custos dos servizos e produtos destinados a mellorar a saúde visual de pequenas e pequenos de entre 0 a 3 anos.

A conselleira de Política Social, Fabiola García, díxoo na celebración do 30 aniversario da compañía Optimil. O Hotel Palacio del Carmen de Santiago de Compostela acolleu o evento desta firma, cuxa sede está emprazada na capital galega, ao que se achegaron persoas franquiciadas de diferentes puntos de España.

Fabiola García destacou que unha óptica non é un negocio máis, senón que realiza un importante labor social. Manter unha boa saúde visual está ao alcance de todos grazas á atención individualizada que realizan estes establecementos. Nesta liña, salientou a colaboración entre administracións públicas e empresas privadas para facer de Galicia unha comunidade máis fácil e amigable para todos.

Ademais, felicitou ao director xeral desta firma, Manuel Baltar, así como a todos os franquiciados, pola súa paixón e servizo de proximidade. Unha atención de calidade que lles levou a conseguir grandes éxitos.

Tarxeta BenvidaA Tarxeta Benvida, que xa a recibiron máis de 40.000 nenos, é unha axuda directa de 1.200 euros durante o primeiro ano de vida do bebé para a compra de alimentos infantís, cueiros, roupa, berces e produtos de hixiene, farmacéuticos e a partir de agora tamén ópticos. Ademais, desde o ano 2017, a axuda estendeuse ata o terceiro ano de vida da nena ou neno para aquelas familias cunha renda igual ou inferior aos 22.000 euros, por un importe de 600 euros para o primeiro fillo, 1.200 para o segundo e 2.400 para o terceiro.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre