Inicio Galicia A Tafona, Paprica e o Semáforo, novos establecementos certificados con selo de...

A Tafona, Paprica e o Semáforo, novos establecementos certificados con selo de garantía Galicia Calidade

0

A plataforma Galicia Calidade Lecer, que conta xa con 110 empresas certificadas, agrupa establecementos de ocio, restauración e hostalería de Galicia, entre os que se atopan hoteis, restaurantes, casas rurais e portos deportivos

Os restaurantes A Tafona (Santiago de Compostela) e Paprica (Lugo) e o hotel-restaurante O Semáforo (Fisterra) alcanzaron a certificación do selo Galicia Calidade tras superar os requisitos establecidos pola marca de garantía da Consellería de Economía, Emprego e Industria.

Trátase de tres establecementos de referencia no sector da restauración e da hostalería de Galicia recoñecidos pola calidade dos seus servizos e propostas gastronómicas. O director xerente de Galicia Calidade, Alfonso Cabaleiro, salientou que estas novas incorporacións veñen a completar unha oferta de establecementos de calidade que, agrupados na plataforma Lecer, ofrecen aos consumidores “unha garantía de calidade e compromiso con Galicia”.

Galicia Calidade LecerA plataforma Galicia Calidade Lecer agrupa establecementos de ocio, restauración e hostalería de Galicia con calidade certificada. O obxectivo de Galicia Calidade Lecer é impulsar a calidade como elemento que marque a diferencia respecto doutros destinos turísticos, xerar confianza nos consumidores e acadar maior visibilidade e valoración dos establecementos certificados.

Coas novas incorporacións, a marca de garantía de Galicia conta xa con 110 establecementos certificados, entre os que se atopan hoteis, restaurantes, casas rurais e portos deportivos. Para poder contar co selo de garantía Galicia Calidade, os establecementos deben contar tamén co selo Q de Calidade turística e ter, no caso dos restaurantes, unha oferta gastronómica con produtos avalados polos selos certificación de orixe de Galicia.

A TafonaA Tafona é o restaurante liderado pola chef compostelana Lucía Freitas, que na última edición foi galardoada cunha estrela da Guía Michelín. Situado nunha antiga casona compostelá de 1920 combina tradición e modernidade, conceptos que tamén se aplican á súa cociña. Lucía Freitas é na actualidade unha das cociñeiras galegas de referencia. Pertencente ao Grupo Nove Cociñeiros, desenvolveu a súa traxectoria profesional no País Vasco, Barcelona e Mallorca para volver logo á súa terra natal e cumprir o seu soño de abrir un restaurante propio, A Tafona.

O Semáforo de FisterraO Semáforo de Fisterra localízase nunha construción de 1888 anexa ao Faro de Fisterra, que naceu co obxectivo de avisar aos navegantes da perigrosidade marítima da zona. No ano 1999 a antiga sede de vixilancia transformouse nun hotel delicatessen e restaurante con encanto. Todo o establecemento está decorado con produtos galegos gourmet.

Pola súa banda, o restaurante do Semáforo conta con unha ampla oferta gastronómica centrada nos produtos de Galicia. Trátase dunha cociña de mercado e de tempada, que recupera pratos tradicionais da zona de Fisterra baseados en produtos coma o longueirón, lumbrigante, berberechos ou as ameixas.

PapricaO restaurante Paprica está formado por un equipo novo e dinámico liderado por Álvaro Villasante, chef cunha ampla traxectoria profesional e pertencente ao Grupo Nove Cociñeiros. Desde a súa apertura no 2007, a aposta polo equilibrio entre a cociña tradicional e moderna brindoulles varios recoñecementos, entre eles ser o primeiro restaurante de Lugo en obter a Q de Calidade Turística e a mención na Guía Michelín que manteñen ano tras ano.

A cociña do Paprica baséase en pratos creativos marcados polas estación do ano e os produtos locais de calidade. A tempada, a proximidade e os produtos ecolóxicos son as sinais de identidade deste establecemento, que aproveita ademais o seu comedor como sala de exposición a artistas locais. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre