Inicio Galicia A Coruña A Sociedade de Xestión Forestal de Cuns, en Outes e Negreira, benefíciase...

A Sociedade de Xestión Forestal de Cuns, en Outes e Negreira, benefíciase de 200.000 euros de axudas da Xunta en dous anos

0

O delegado territorial da Xunta de Galicia na Coruña, Ovidio Rodeiro, reuniuse coa directiva da SOFOR, que engloba 70 hectáreas de 85 propietarios

A consellería de Medio Rural axuda dende 2016 con preto de 200.000 euros as labores de silvicultura, forestación e actuacións preventivas en materia de incendios forestais da sociedade de fomento forestal (SOFOR) de Cuns, que conta con terreos nos municipios de Outes e Negreira.

A SOFOR de Cuns foi constituída en novembro de 2015 e xestiona algo máis de 70 hectáreas de superficie forestal, propiedade de 85 socios e que engloba a preto de 1.500 parcelas. Estas sociedades dan cumprimento ao compromiso da Xunta de Galicia en materia de ordenación do monte, xa que o principal obxectivo é o de acadar unha xestión máis sostible e rendible do monte, baseada na viabilidade económica e a sustentabilidade social e ambiental a partir das pequenas parcelas de propiedade forestal particular.

O delegado territorial da Xunta de Galicia na Coruña, Ovidio Rodeiro, visitou hoxe esta sociedade e reuniuse coa xunta directiva que a xestiona. Rodeiro Tato felicitou aos propietarios por acollerse a figura xurídica da SOFOR, xa que “a estrutura da propiedade e a organización do monte de particulares en Galicia, que se caracteriza por unha excesiva fragmentación, fai difícil lograr unha explotación económica rendible do monte a non ser que se opte por unha xestión conxunta a través dunha sociedade mercantil coma esta, que permite tamén reducir o nivel de abandono do monte galego e diminuír o risco de incendios forestais”.

Leer más:  El próximo sábado el nuevo alcalde de A Estrada (Pontevedra) tomará posesión y el miércoles lo hará el de Guntín (Lugo)

O modelo das SOFOR, voluntario e de responsabilidade limitada ás aportacións para os socios, está baseado no mantemento da propiedade por parte dos titulares dos terreos, que unicamente aportan o uso dos mesmos á sociedade, que ten un obxecto social orientado á xestión, aproveitamento e comercialización dos recursos de xeito conxunto.

A Xunta de Galicia incentiva o uso desta figura de xestión forestal. Deste xeito, as SOFOR poden beneficiarse de subvencións de ata o 100% dos gastos necesarios para a realización da concentración privada das propiedades integradas na sociedade. Ademais, poden recibir axudas de ata o 100% dos custos de redacción do proxecto de obras e infraestruturas comúns e da redacción do Instrumento de Planificación da Xestión Forestal e tamén en actuacións de silvicultura, forestación e actuacións de prevención e defensa contra incendios forestais.


- Te recomendamos -