Inicio Galicia A sexta memoria das Directrices de Ordenación do Territorio poñen en valor...

A sexta memoria das Directrices de Ordenación do Territorio poñen en valor as medidas de Medio Ambiente para revitalizar o rural de Galicia

0
image_gallery.jpg

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda salienta o traballo do Goberno da Xunta a prol da rehabilitación, como factor dinamizador de Galicia


A consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, destacou esta mañá que unha das conclusións que se recollen na sexta memoria de seguimento das Directrices de Ordenación do Territorio, correspondente ao ano 2019; onde se destaca que as medidas do departamento que dirixe poñen en valor as capacidades do medio rural galego.

Unha das liñas estratéxicas da acción do Goberno está relacionadas coa necesidade de fortalecer os núcleos tradicionais, o litoral e a valorizar o territorio. Neste sentido, a Memoria de 2019 destaca a aprobación da Lei de rehabilitación e de rexeneración e renovación urbana, que ten como obxectivo prioritario facer dos elementos propios da cultura arquitectónica galega factores de revitalización e dinamización de Galicia.

Un texto normativo, que se completou con investimentos a través de diferentes programas impulsados polo Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) como as vivendas de promoción pública rehabilitadas nos concellos de Betanzos, Lugo, Ourense e Cerdedo-Cotobade ou a compra de cinco edificios en estado de abandono co mesmo obxectivo a través do chamado Programa Rexurbe.

Tamén destacou as case 1.700 axudas en materia de rehabilitación residencial a través de diferentes programas dirixidos a comunidades de veciños, particulares, concellos e empresas. Concretamente, 753 subvencións concedidas ao abeiro da liña dirixida a comunidades de propietarios de vivendas de promoción pública e outras 928 para rehabilitar inmobles a través doutras convocatorias, beneficiando aproximadamente a unhas 7.624 unidades de convivencia.

A conselleira de Medio Ambiente non só destacou o esforzo realizado polo Goberno galego para que os cidadáns teñan vivendas dignas, senón tamén que as contornas e o medio ambiente no que residen sexa de calidade.

Nese sentido, a liña estratéxica sobre a protección do patrimonio natural veuse reforzada coa aprobación e publicación de tres plans reitores de uso e xestión: os correspondentes aos parques naturais de Serra da Enciña da Lastra, do Invernadoiro e do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, así como a aprobación da Lei de patrimonio natural de Galicia, o principal avance normativo neste eido; xunto coa Estratexia Galega de Cambio Climático e Enerxía 2050 (EGCCE) e da Estratexia de Economía Circular 2030 (EEC), para facer das contornas galegas espazos resilentes ao cambio climático.

Memoria de 2019As Directrices de Ordenación do Territorio, aprobadas no ano 2011, constitúen o instrumento marco para a planificación territorial de Galicia, no que se establecen os criterios básicos para o asentamento no territorio das distintas actividades e actuacións.

A memoria correspondente ao ano 2019 analiza nesta ocasión un total de 51 indicadores -44 os Indicadores de Sustentabilidade Territorial (IST) e 7 Indicadores de Desenvolvemento e Implantación (IDI)-, dos cales cinco (superficie de vivenda en solo urbano e solo de núcleo rural, superficie e usos portuarios, e Camiño de Santiago –os tres dentro do bloque de ocupación del territorio- e transporte público por estrada e parque móbil de vehículos -no bloque de mobilidade-) impleméntanse na análise por primeira vez.

La memoria de seguimento de 2019 recolle os resultados dos indicadores de sustentabilidade e das accións máis relevantes levadas a cabo pola Xunta en desenvolvemento das DOT en cada unha das oito liñas estratéxicas do novo modelo territorial de Galicia, definidas nas propias directrices.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre