Inicio Galicia A Semana Náutica Abanca 2019 bota a andar o 7 de setembro...

A Semana Náutica Abanca 2019 bota a andar o 7 de setembro cunha achega da Xunta de 4.000 euros, un 33% máis que en 2018 e un 166% máis que en 2017

0

O financiamento autonómico medra o 33% con respecto a 2018 e o 166% con respecto a 2017


O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, vén de asinar coa presidenta do Club Marítimo de Vigo, Zulema Montserrart Prado Quiroga, o contrato de patrocinio polo que a Xunta de Galicia colabora un ano máis coa realización “do maior evento de deportes náuticos de España”, a Semana Náutica Abanca 2019, que consiste en once ciclos competitivos dedicados á vela, ao remo e ao piragüismo, a través dunha achega de 4.000 euros, o que representa un incremento do financiamento autonómico do 33% con respecto a 2018 e do 166% con respecto a 2017.

Lete Lasa destacou unha vez máis o potencial de Galicia en tres deportes náuticos como o remo, a vela e o piragüismo, nos que sumamos “42 deportistas galegos que defenderon a bandeira española nas Olimpíadas ao longo da historia e un total de 13 medallas, das 19 que temos en total”. O secretario xeral destacou a Semana Abanca como un dos maiores eventos náuticos que ademais, axuda a desestacionalizar o turismo galego xa que abrangue desde o 7 de setembro ata o 9 de novembro. O evento foi considerado ‘Evento Estratéxico nº1 do Deporte de Galicia’.

O primeiro ciclo (7 de setembro) terá lugar na pista olívica da ETEA e acollerá o Campionato Galego Kayak de Mar – Xunta de Galicia. O segundo ciclo (7-8 de setembro) terá lugar na pista de Barra de Miño e acollerá o Campionato Galego de Esquí Náutico – Xunta de Galicia. O 14 e o 15 de setembro o campo de regatas da ría de Vigo acollerá os Clasificatorios 420-Láser, Campionato Galego de Vaurien – Xunta de Galicia no que será o terceiro ciclo da semana. O cuarto ciclo desenvolverase o 21 de setembro na ETEA para disputar o Campionato Galego Kayak Pista. O quinto, o 22 de setembro, será os Cruceiros, A2, Solitarios e J80 no campo de regatas da ría de Vigo. O 5 e o 6 de outubro levarase a cabo o sexto ciclo no campo de regatas da baía da Coruña e será o Lexús Breogán de 420 – Regata Clasificatoria así como o Campionato Galego de Navegantes Solitarios e A2. Do 11 ao 13 de outubro, o sétimo ciclo, realizarase a Copa de España J80 Lexus Breogán no campo de regatas da baía da Coruña. O 19 de outubro será a quenda do ciclo 8 -Copa do Cantábrico de Bateis- no campo de regatas da ría de Viveiro. A regata de cruceiros será o noveno ciclo os días 26 e 27 de outubro no campo de regatas das rías de Sada, Ares e A Coruña. O décimo ciclo será o 8 de novembro no que se disputará o Trofeo de Remoergómetro Escolar no Pavillón Municipal da Raña e, por último, a Copa Galicia de Bateis será o 9 de novembro no campo de regatas da ría de Pontevedra e Marín.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre