Inicio Galicia A Secretaría Xeral para o Deporte recomenda suspender as actividades deportivas no...

A Secretaría Xeral para o Deporte recomenda suspender as actividades deportivas no exterior nas zonas do oeste e o suroeste da Coruña e Pontevedra, afectadas por alerta vermella

0

A Axencia Estatal de Meteoroloxía e MeteoGalicia alertan dun fenómeno meteorolóxico adverso que chegará a nivel vermello por mar combinada do oeste e o noroeste de 8 a 9 metros e vento do oeste forza 8, que comezará as 9,00 horas do venres día 1 de febreiro e prolongarase ata as 20,00 horas do mesmo día. Este adverso afectará ás zonas de predición meteorolóxica do oeste e suroeste da provincia da Coruña e á provincia de Pontevedra. O risco será importante, nivel laranxa, por vento, neve e costeiros, na provincia de Lugo e por neve na Montaña de Ourense.

Ante a devandita situación de risco, a Secretaría Xeral para o Deporte recomenda o seguinte:1. A Suspensión de actividades deportivas no exterior nas zonas de predición meteorolóxica afectadas.2. A Secretaría Xeral para o Deporte comunicará esta incidencia ás Federacións Deportivas Galegas, solicitando que leven a cabo esta medida e fagan un seguimento dos partes meteorolóxicos durante a xornada na que se desenvolverá este adverso.3. Para o caso de que as circunstancias da localidade onde se atopan as instalacións deportivas, supuxesen un risco superior ao declarado e pasase a unha declaración de nivel superior, as federacións e entidades deportivas poderán adoptar as decisións oportunas respecto da suspensión das actividades deportivas.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre