Inicio Galicia A Secretaría Xeral para o Deporte publica a lista dos galardoados cos...

A Secretaría Xeral para o Deporte publica a lista dos galardoados cos Premios Deporte Galego do ano 2018 que nesta edición recoñecen a 22 premiados en 18 categorías

0

Ana Peleteiro foi elixida como a mellor deportista feminina e Tono Campos como o mellor deportista masculino


Santiago, 8 de novembro de 2018.- A Secretaría Xeral para o Deporte vén de publicar a lista dos galardoados cos Premios Deporte Galego do ano 2018 que se entregarán o vindeiro día 28 de novembro no Auditorio Municipal de Lalín. Estes galardóns recoñecen os méritos deportivos do ano 2018, e distinguen nesta ocasión a 22 premiados nas 18 categorías. Cómpre destacar a inclusión como novidade do premio ao xogo limpo.

Lista de premiados:-Mellor deportista feminina: Ana Peleteiro Brión (atletismo)-Mellor deportista feminina con discapacidade (ex aequo): Susana Rodríguez Gacio (triatlón) e Desirée Vila Bargiela (atletismo)-Mellor deportista masculino: Manuel Antonio Campos García (piragüismo)-Mellor deportista masculino con discapacidade: Francisco Pérez Carrera (atletismo)-Mellor equipo feminino (ex aequo): Pescado Rubén FS Burela (fútbol sala) e Atlético Guardés (balonmán)-Mellor equipo masculino: Martin Wizner e Pedro Ameneiro (vela)-Mellor equipo de deportistas con discapacidade: Fundación Celta Integra (fútbol)-Mellor entidade na promoción do deporte de base: Club Balonmán Lalín (balonmán)-Mellor adestrador ou adestradora: Xulio José Conde Blanco (ciclismo BTT)-Mellor árbitro/a ou xuíz/a: Zulema González González (fútbol)-Mellor labor informativo: Convivir Deportivo (CRTVG)-Mellor evento deportivo: Campionato do Mundo Cadete de Xadrez (Santiago de Compostela)-Mellor patrocinio deportivo: Estrella Galicia-Mellor deportista revelación (ex aequo): Malena Mieres García, Teresa Abelleira Dueñas e Nuria Rábano Blanco (fútbol)- Premio ao xogo limpo: Martín Liste Viaño (atletismo)-Premio Galicia Saudable á entidade de carácter público destacada no fomento e promoción da actividade física e hábitos de vida activa: ‘100.000 motivos de peso’ (Narón)-Premio Galicia Saudable á entidade de carácter privado destacada no fomento e promoción da actividade física e hábitos de vida activa: JIM Sport-Premio Galicia Saudable á entidade educativa destacada no fomento e promoción da actividade física e hábitos de vida activa: CEIP Plurilingüe Tirán 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre