Inicio Galicia A secretaría xeral para o Deporte da Xunta destina este ano 187.000...

A secretaría xeral para o Deporte da Xunta destina este ano 187.000 euros a axudar a 21 entidades deportivas de Lugo na adquisición de equipamento deportivo

0

A Xunta publicou a resolución da segunda convocatoria deste exercicio, que beneficia a oito clubs da capital, cinco da Terra Chá, tres da Mariña e un da zona sur

A Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral para o Deporte, colabora este ano con 21 entidades deportivas da provincia de Lugo cunha achega global de 187.200 euros mediante o programa de subvencións para a compra de equipamento deportivo, do que se realizaron dúas convocatorias.

O delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, explicou que o Diario Oficial de Galicia vén de dar conta da resolución da segunda convocatoria, que beneficia a 17 clubs con importes que suman 129.000 euros.

As achegas foron destinadas á compra de furgonetas para os traslados ou ben de utensilios propios da actividade deportiva, como porterías, bicicletas, tatamis ou embarcacións. Tamén adquiriron caixas de primeiros auxilios e mesmo tres desfibriladores.

Oito das entidades beneficiarias están situadas na capital: O Club de piragüismo Cidade de Lugo, Club de Patíns Lóstregos, Agrupación Deportiva Xuvenil A Milagrosa, Escola Atlética Lucense, Club Natación Portamiñá, Star Dance, Asociación Judo Muralla e o Club Ciclista Cidade de Lugo.

Cinco corresponden á Terra Chá, en concreto catro a Vilalba: Club Loitas Olímpicas, Club Deportivo Moo Duk Kwan, Agrupación Polideportiva San Ramón e o Club Loita Lugo; o quinto é o Club de Montañismo Lucus Augusti de Cospeito.

Igualmente, obtiveron financiamento o Club Ciclista de Viveiro, a Agrupación Deportiva Nosa Señora do Pilar de Foz, as Escolas Deportivas de Lourenzá, e o Club de Montaña e Piragüismo Quixós de Monforte de Lemos.

A primeira resolución deste programa de axudas publicouse no mes de setembro e supuxo un investimento de 58.200 euros na provincia, distribuídos entre o Club Fluvial de Lugo, A.

D. Tripenta Terras de Lugo, Club Triatlon Cidade de Lugo e o Club Taekwondo Neka Monforte. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre