Inicio Galicia A Secretaría Xeral para o Deporte concede en 2018 un total de...

A Secretaría Xeral para o Deporte concede en 2018 un total de 237.154 euros na provincia de Lugo para clubs, sociedades anónimas deportivas e agrupacións escolares

0

Marta Míguez, acompañada polo delegado da Xunta na provincia, visitou esta tarde ás instalacións da SCD Milagrosa de Lugo de fútbol e fútbol sala


A secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez, acompañada polo delegado da Xunta na provincia, Xosé Manuel Balseiro, visitou esta tarde ás instalacións da SCD Milagrosa de Lugo de fútbol e fútbol sala.

Alí, a máxima responsable do Deporte galego deu conta das axudas deportivas concedidas pola Secretaría Xeral para o Deporte a través do programa de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas, seccións deportivas e agrupacións deportivas escolares de Galicia para o desenvolvemento de actividades deportivas. Este programa conta cunha dotación global de 2.020.000 euros para o ano 2018. O total de axudas para a provincia de Lugo ascende aos 237.154 euros.

Medidas contra a violencia no deporteCómpre lembrar que neste exercicio, a Secretaría Xeral para o Deporte modificou esta orde de axudas para evitar que ocorran sucesos ou incidentes violentos naquelas competicións de orde autonómica que teñan lugar en Galicia.

Leer más:  Rueda reprende a la conselleira de Medio Rural por sus comentarios incendiarios: "Fueron desafortunados y se lo comenté"

Deste xeito, non poden obter a condición de beneficiarios destas subvencións “os clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas, agrupacións deportivas escolares e seccións deportivas que foran sancionados pola federación deportiva correspondente no ano anterior á convocatoria, cando a sanción teña a súa orixe en condutas violentas, racistas, xenófobas ou intolerantes provocadas polas persoas espectadoras e asistentes”. Do mesmo xeito, tampouco poden optar a estas axudas quen “discrimine nos premios ou recoñecementos que outorguen as persoas deportistas por razón de xénero”.


- Te recomendamos -