Inicio Galicia A Secretaría Xeral para o Deporte colabora coa ?Subida a Chantada?, puntuable...

A Secretaría Xeral para o Deporte colabora coa ?Subida a Chantada?, puntuable para o Campionato de España de Rallies de Montaña

0

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, gabou o éxito de convocatoria da proba, unha das máis veteranas que alcanza esta fin de semana a edición número 46


A Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia apoia a Subida a Chantada, que alcanza xa a edición número 46 o que a converte nunha das máis veteranas do calendario de rallies.

O delegado territorial de Lugo, José Manuel Balseiro, participou hoxe na presentación do evento e subliñou que a Xunta de Galicia colabora cunha achega de 5.000 euros e tamén a través do patrocinio da Federación Galega de Automobilismo, que representa ás escuderías e auspicia as diferentes competicións que se desenvolven en Galicia en xeral.

A proba está organizada pola Escudería Chantada e celebrarase esta fin de semana; trátase dunha contrarreloxo puntuable para o Campionato de España de Montaña. Conta xa con 74 pilotos inscritos e é unha das máis esperadas cada ano polos afeccionados ao automobilismo de Galicia, xa que adoita acoller a numeroso público chegado de diversos puntos da xeografía.“Entendemos que é importante apoiar este evento que ten un retorno económico e social importante para Chantada e a súa contorna”, afirmou Balseiro. Neste sentido, gabou o éxito de convocatoria, “que se explica pola veteranía e polo importante traballo da organización, á que felicito por ser quen de manter o nivel, e mesmo superarse, en cada edición”.

Na mesma liña, o delegado lembrou que esta competición “é unha das máis vistosas de Galicia porque discorre por unha paisaxe fermosísima que é Ben de Interese Cultural e candidata a ser Patrimonio da Humanidade”.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre