Inicio Galicia A Secretaría Xeral para o Deporte acredita a finalización das obras de...

A Secretaría Xeral para o Deporte acredita a finalización das obras de renovación de catro instalacións deportivas de Pontevedra por importe de 115.000 euros

0

En total, na provincia de Pontevedra realizáronse obras en 22 concellos que alcanzarán os 1,35 millóns de euros e nas que participará a Secretaría Xeral para o Deporte a través dunha achega de ao redor de medio millón de euros 


O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, visitou na mañá de hoxe os concellos pontevedreses de Salvaterra de Miño, Arbo, Crecente e A Cañiza onde supervisou as obras levadas a cabo pola Xunta de Galicia para a renovación de catro instalacións deportivas cun orzamento total de 114.684,12 euros.

No caso de Salvaterra de Miño, o mandatario galego inaugurou a pista de pádel construída no lugar do Casal e que contou cun orzamento de 47.819,08 euros segundo o convenio asinado no pasado mes de abril. A continuación, Lete Lasa dirixiuse a ao Concello de Arbo para supervisar o remate das actuacións de mantemento no polideportivo municipal que contou cun presuposto de 14.978,13 euros, integramente achegados pola Xunta de Galicia. No Concello de Crecente, o secretario xeral comprobou a funcionalidade da nova instalación de megafonía do pavillón municipal, tamén financiada de xeito íntegro pola administración autonómica cunha achega de 3.500 euros. Por último, o responsable da carteira de Deporte, viaxou ao Concello da Cañiza para dar o visto bo ao remate das actuacións de cuberta da pista de pádel existente e que contaron cun orzamento de 48.386,91 euros, achegando o Goberno galego o 83% do mesmo (83%).

A Secretaría Xeral para o Deporte realiza unha aposta decidida neste 2019 polas infraestruturas deportivas. Nos orzamentos iniciais de 2018 destinábanse un total de 2.833.043 euros para a construción e a mellora das infraestruturas deportivas de Galicia.  Para o exercicio 2019, a Secretaría Xeral para o Deporte destinará unha contía de 3.934.217 euros -un 40% máis que o destinado inicialmente en 2018-. En total, na provincia de Pontevedra realizáronse obras en 22 concellos que alcanzarán os 1,35 millóns de euros e nas que participará a Secretaría Xeral para o Deporte a través dunha achega de ao redor de medio millón de euros. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre