Inicio Galicia A secretaria xeral da Igualdade inaugura en Boqueixón a exposición fotográfica "Express-Arte"

A secretaria xeral da Igualdade inaugura en Boqueixón a exposición fotográfica "Express-Arte"

0


A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, inaugurou hoxe a exposición fotográfica Express-Arte, creada no marco dun programa de inserción laboral para vítimas da violencia de xénero e impulsada pola Asociación de Xóvenes Emprendedores Lucenses (AXEL).

A mostra foi cedida pola Secretaría Xeral da Igualdade ao abeiro do programa de actividades que oferta aos concellos adheridos á Rede de entidades locais, que actualmente engloba a 210 municipios e mancomunidades. A mostra presentarase, ademais de en Boqueixón, noutros nove concellos incluídos na Rede: Coirós, Vilaboa, A Pobra de Trives, Soutomaior, Manzaneda, Rodeiro, Chantada, Carballedo e Tomiño. O Goberno galego ofrece ás entidades galegas desta rede exposicións e iniciativas de concienciación, obradoiros educativos ou programas de asesoramento e terapia familiar con nenos e nenas que teñan sufrido directa ou indirectamente a violencia de xénero.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre