Inicio Galicia A secretaria xeral da Igualdade e o director xeral de Desenvolvemento Rural...

A secretaria xeral da Igualdade e o director xeral de Desenvolvemento Rural asistiron á presentación da nova asociación de mulleres rurais do Deza

0


A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella e o director xeral de Desenvolvemento Rural, Miguel Pérez Dubois, asistiron este mediodía en Lalín á presentación da nova asociación de mulleres rurais da comarca do Deza, Amurga Deza.

Susana López Abella incidiu en que para acadar a igualdade entre mulleres e homes no rural galego é preciso garantirlles a igualdade de oportunidades no acceso ao mercado laboral, así como impulsar a súa capacidade de emprendemento e promover medidas que faciliten a conciliación da súa vida persoal, familiar e laboral. No acto, que tivo lugar no pazo de Liñares, Pérez Dubois destacou a importancia do asociacionismo no agro e a relevancia deste tipo de agrupacións para poñer en valor o papel das mulleres no rural de Galicia.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre