Inicio Galicia A Secretaría Xeral da Emigración traslada este ano a Comisión Delegada do...

A Secretaría Xeral da Emigración traslada este ano a Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas a Barcelona para amosar o seu apoio á colectividade galega en Cataluña

0

O órgano permanente da emigración galega, integrado por catorce entidades galegas de América e Europa, abrirá a súa reunión anual o mércores 12 no Centro Galego da cidade Condal

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a convocatoria da reunión anual da Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas, que preside o xefe do Executivo galego, Alberto Núñez Feijoo, e que este ano se celebrará en Barcelona por ser a capital dunha das comunidades autónomas con maior presenza galega e como unha mostra máis de apoio do Goberno galego aos galegos que residen nela, dando así resposta tamén a unha demanda as propias entidades galegas.

O órgano permanente dos galegos do exterior, que se xuntará durante os días 12 e 13 de decembro, servirá para facer balance das actuacións levadas a cabo durante 2018 e presentar os orzamentos previstos para 2019. Os representantes das catorce entidades galegas que forman parte deste órgano permanente do Consello de Comunidades Galegas terán a oportunidade, ademais, de coñecer con detalle a Estratexia Retorna 2020 e a Estratexia Emigración 2020, aprobadas pola Xunta de Galicia os pasados 12 de abril e 12 de xullo deste ano, por parte dos responsables da Secretaría Xeral da Emigración.

Leer más:  Javier Arias repetirá como delegado de la Xunta en Lugo

Desde Sestao ata CaracasForman parte da Comisión Delegada do Consello das Comunidades Galegas catorce integrantes en representación de cadansúa entidade, auténtica depositaria da representación. Deles doce son electos (catro en representación da diáspora en España, catro da de Europa, e catro da de América) e dous natos.

Tras o plenario do Consello celebrado en maio de 2016 en La Habana (Cuba), representan á demarcación española o Centro Gallego de Salamanca, a Unión de Sociedades Galegas de Cataluña (UAGALCAT), o Lar Gallego de Sevilla e a Agrupación Hijos de Galicia en Sestao. A europea estará integrada polo Centro Cultural Gallego de Cuxhaven de Alemaña, a Asociación Cultural “As Xeitosiñas” de Zürich de Suiza, o Centro Gallego de Londres e a Xuventude de Galicia-Centro Galego de Lisboa.

Pola parte da diáspora en América, represéntaa a Sociedad Cultural Rosalía de Castro de Cuba, a Asociación Civil Hijos del Ayuntamiento de Zas de Bos Aires, a Unidad Gallega de los Estados Unidos de Nova York e o Centro Pontevedrés Social y Deportivo de Montevideo. Son membros natos da Comisión a Casa Galicia de Montevideo e a Hermandad Gallega de Venezuela en Caracas.

Leer más:  El gobierno se muestra "contento" de que finalmente estén disponibles los billetes de trenes Avril y critica que la Xunta no haya celebrado la noticia

A segunda comunidade de España en presenza galegaNo conxunto de Cataluña están censados, segundo os datos do Instituto Nacional de Estatística (INE) a 1 de xaneiro de 2018, un total de 70.277 galegos de nacemento, dos cales 59.848 (o 85,2%) residen en Barcelona e a súa provincia. A comunidade autónoma catalá é así, a segunda de España en presenza galega, só precedida pola madrileña, onde residen 78.187 galegos, segundo os últimos datos oficiais publicados. 


- Te recomendamos -