Inicio Galicia A Secretaría Xeral da Emigración achega os participantes de Escolas Abertas o...

A Secretaría Xeral da Emigración achega os participantes de Escolas Abertas o patrimonio da Ribeira Sacra, candidata a ser Patrimonio da Humanidade

0


A Secretaría Xeral da Emigración achegou o patrimonio cultural e natural da Ribeira Sacra aos 63 participantes nesta edición de Escolas Abertas, o programa do Goberno galego deseñado para actualizar os coñecementos dos docentes de disciplinas relacionadas coa cultura galega nas entidades galegas do exterior. Visitas ao Mosteiro de Santo Estevo e de San Pedro de Roca, o castelo de Castro Caldelas e o mirador de Cabezoás, un paseo en catamarán polo Cañón do Sil e unha aproximación á tradición enolóxica da zona a través das súas adegas e á súa riqueza paisaxística e de natureza formaron parte do programa de actividades do día. Os beneficiarios de Escolas Abertas, que están a recibir clases das súas respectivas especialidades na Residencia Docente de Ourense desde o pasado xoves, proceden da Arxentina, O Uruguai, Cuba, Venezuela, México, O Brasil, Chile e outras comunidades autónomas de España.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre