Inicio Galicia A sala de exposicións da Delegación da Xunta en Vigo acolle ...

A sala de exposicións da Delegación da Xunta en Vigo acolle ?Esmalte al fuego? do Centro Sociocomunitario Rivera Atienza

0

A exposición, que se desenvolverá ata o vindeiro 20 de decembro, está composta por 34 pezas elaboradas por un grupo de dez esmaltadoras


A planta baixa da Delegación Territorial da Xunta en Vigo acollerá ata o vindeiro 20 de decembro a exposición “Esmalte al Fuego” do Centro Sociocomunitario Riveira Atienza de Vigo. Unha mostra que este mediodía era inaugurada polo delegado da Xunta, Ignacio López-Chaves, quen aproveitou a ocasión para salientar o potencial, a creatividade e a sensibilidade das artistas.

A mostra está composta por 34 pezas, elaboradas por un grupo de dez esmaltadoras, nas que predominan as paisaxes e as figuras. Esta exposición súmase así ás múltiples mostras de artistas e colectivos que xa se realizaron na planta baixa do edificio administrativo do Goberno galego, así coma aos cursos e xornadas que se desenvolven no salón de actos ou a organización de actividades culturais e mesas solidarias coma as de DOA ou a AECC, entre outras. Sempre co obxectivo de abrir o edificio administrativo á participación dos cidadáns.

Leer más:  El TSXG ratifica la decisión de un juzgado de Vigo que consideraba válida la extensión del contrato del servicio municipal de agua

Cómpre lembrar ademais que as instalacións da Delegación Territorial –o salón de actos e a zona de exposicións- están dispoñibles para que todos os colectivos e asociacións parroquiais da cidade acheguen as súas actividades culturais e sociais aos cidadáns, co obxectivo de que transcendan máis aló do seu propio ámbito parroquial e todos os vigueses e viguesas poidan coñecelas. 


- Te recomendamos -