Inicio Galicia A rodaxe de '3 Caminos', a gran produción audiovisual do Xacobeo 2021,...

A rodaxe de '3 Caminos', a gran produción audiovisual do Xacobeo 2021, chega á Praza do Obradoiro

0

O conselleiro de Cultura e Turismo asistiu á gravación, na que estiveron presentes os protagonistas da serie Álex González, Verónica Echegui, Anna Schimrigh, Andrea Bosca e Alberto Jo


O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, asistiu hoxe na Praza do Obradoiro á rodaxe da serie 3 Caminos, a gran produción audiovisual do Xacobeo 2021 que espallará por todo o mundo os valores deste fito. Na gravación estiveron presentes os protagonistas da serie Álex González, Verónica Echegui, Anna Schimrigh, Andrea Bosca e Alberto Jo.3 Caminos é a primeira serie de televisión internacional sobre a Ruta Xacobea, impulsada pola Xunta e encabezada pola empresa compostelá Ficción Producciones, que conta coa implicación de compañías internacionais referentes no sector como Amazon Prime Video e o grupo alemán Beta Films, ademais de coprodutores doutros catro países: Italia, Corea do Sur, México e Portugal, coa Radio Televisión de Portugal (RTP) e a produtora Cinemate.

Durante a visita á gravación, Román Rodríguez salientou a capacidade deste proxecto e do sector audiovisual para proxectar ao mundo “todo aquilo que fai que o Camiño de Santiago sexa un fenómeno único” e para abrir unha xanela desde a que mostrarnos ao exterior, achegando o feito xacobeo a novos mercados.

Nesta liña, puxo en valor a participación de Ficción Producciones “unha empresa que representa o bo momento que está a vivir o noso audiovisual” e destacou a implicación neste proxecto de profesionais galegos como Norberto López, encargado de dirixir a serie, ou os artistas Iván Ferreiro e Manu Rivero, encargados da banda sonora desta produción.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre