Inicio Galicia A Rede Náutica Internacional Passeport Escales xerou un volume de negocio de...

A Rede Náutica Internacional Passeport Escales xerou un volume de negocio de arredor de 50.000 euros no peirao deportivo de Cangas

0

Neste 2019 adhírense á iniciativa dous novos portos autonómicos, que son A Pobra do Caramiñal e Vilanova de Arousa

A rede náutica internacional Passeport Escales xerou durante o pasado ano preto dun cento de escalas no porto deportivo do municipio pontevedrés de Cangas. Así quedou de manifesto esta mañá na reunión de traballo mantida polo presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, co Club Náutico Rodeira, xestor da instalación náutico-recreativa de titularidade autonómica.

Os xestores do náutico informaron de que nos últimos anos rexistraron preto de 200 escalas de usuarios desta rede á que o porto cangués se atopa adherido. Neste sentido, os asistentes á reunión lembraron que, segundo os datos que manexan os coordinadores da rede, por cada pernoita rexistrada calcúlase un gasto mínimo de 200 euros por parte dos navegantes en servizos indirectos, non relacionados coas taxas por atraque, como hostalería e restauración, comercio ou industria náutica auxiliar. Así, o volume de negocio xerado pola rede Passeport Escales no porto cangués situaríase arredor dos 50.000 euros.

A rede Passeport Escales fomenta itinerarios entre Gran Bretaña, Francia e norte de España -Galicia e País Vasco- aportando facilidades e incentivos económicos para os navegantes á hora de recalar nos peiraos membros. A adhesión de peiraos deportivos autonómicos foi promovida por Portos de Galicia desde 2014 a raíz dos contactos establecidos nos diferentes eventos promocionais internacionais de náutica nos que está presente o ente público. De feito, no exercicio actual véñense de unir a esta iniciativa dous novos peiraos, os da Pobra do Caramiñal e Vilanova de Arousa, polo que a rede conta xa con 19 portos galegos adheridos.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre