Inicio Galicia A Rede de Dinamización Lingüística pecha o 2019 en Cerdedo-Cotobade

A Rede de Dinamización Lingüística pecha o 2019 en Cerdedo-Cotobade

0

Valentín García presidiu hoxe a VIII reunión ordinaria do seu Consello de Membros, na vila natal de Antonio Fraguas, para aprobar a programación anual de actividades 2020 e ratificar a adhesión ao proxecto de sete novas entidades

Como vén sendo habitual, a Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia celebrou hoxe á tarde na vila natal do autor homenaxeado polas Letras Galegas ?neste caso, Antonio Fraguas?, a súa VIII reunión ordinaria anual, que presidiu o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, coa participación do alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, así como a doutros representantes de entidades que conforman a Área Política do proxecto.

Nesta xuntanza, que acolleu o salón de plenos municipal, aprobáronse a Memoria de actividades do ano 2019, na que se deu conta de máis de 220 accións implementadas dentro dos xa coñecidos programas FalaRedes, Nós contra a violencia, Toponimízate ou Nadal en Rede, así como das novas liñas de traballo para o ano 2020. Estas, deseñadas a proposta da Área Técnica da RDL, centraranse no vindeiro ano na promoción do uso da lingua galega na infancia e na mocidade ?con intervencións nos ámbitos da familia e da transmisión interxeracional?, nos eidos da toponimia e da lusofonía ?con propostas destinadas ao tempo de lecer e ao tecido socioeconómico?, na sensibilización en contra da violencia de xénero e a favor da igualdade entre homes e mulleres e no sector turístico e Xacobeo 21. A orde do día desta sesión incluíu a ratificación da solicitude de adhesión das entidades Fundación Rosalía de Castro, Fundación Paco Lareo-A Solaina de Piloño, Concello de Montederramo, Liceo de Ourense, Concello da Pobra do Caramiñal, Concello de Cedeira e Concello de Cortegada, que xa contaban previamente coa adhesión provisional da xunta directiva da RDL. Con elas, a RDL chega ao seu oitavo ano en funcionamento e integra 199 membros, entre os que se atopan, ademais da propia Xunta de Galicia e os concellos, outros con especial incidencia na normalización lingüística desde o ámbito local, como a Fegamp, as deputacións ou varias mancomunidades.

Logo da sesión, a RDL ofreceu un concerto, con entrada libre e de balde, de Oradalou (Sonsoles Penadique e Carlos Quintá), inspirado no Cancioneiro de Cotobade de Antonio Fraguas. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre