Inicio Galicia A Real Filharmonía de Galicia presenta a temporada de abono 2018-2019, coas...

A Real Filharmonía de Galicia presenta a temporada de abono 2018-2019, coas Illas Británicas como motivo central

0

A Consellería de Cultura e Educación colabora coa programación, tanto a través do Consorcio de Santiago, como mediante o apoio a concertos puntuais

A Real Filharmonía de Galicia presentou hoxe a súa temporada de abono 2018-2019 que, baixo o título Arquipélago de sons, vai xirar en torno á música das Illas Británicas, fío condutor da programación, na que se van interpretar obras de compositores como Ralph Vaughan Williams, Cecil Coles, Edward Elgar, William Walton, Frederick Delius, Malcolm Arnold ou Jonathan Rathbone.

A Consellería de Cultura e Educación colabora tanto a través do Consorcio de Santiago, do que forma parte; como mediante o apoio extraordinario a concertos que a RFG realiza en colaboración con outras entidades. Deste xeito, a temporada dará comezo o 27 de setembro coa versión concerto da ópera El holandés errante de R. Wagner, un proxecto en coprodución coa Asociación de Amigos da Ópera de Vigo e de Santiago. O concerto repetirase en Vigo o día 29.

Tamén en setembro, e dentro do programa de abono, a RFG poralle o ramo ao X Ciclo de Música de Barcia de Mera, o día 22, grazas a unha achega especial da Secretaría Xeral de Cultura para a celebración do décimo aniversario deste certame de música clásica e relixiosa. Cultura colabora tamén de xeito específico co concerto José Arriola: A revelación, unha homenaxe ao compositor ferrolá, discípulo de Strauss, que inicia unha xira de catro concertos na cidade nata do músico.

Leer más:  Queremos Galego convoca una manifestación para el 17 de mayo en protesta por los "retrocesos" en el 20 aniversario del Plan de Normalización

No mes de xaneiro, e coincidindo coa inauguración da nova exposición na Cidade da Cultura, Paul Daniel dirixirá á RFG nun concerto no Gaiás, fóra de abono.

Concertos fóra de SantiagoA Real Filharmonía de Galicia vai ofrecer 23 concertos fóra de Santiago, dentro do seu compromiso territorial de articular musicalmente a comunidade galega. A temporada de concertos estable en Vigo levará 10 actuacións ao Teatro Afundación, mentres que o Auditorio de Ferrol recibirá catro; e o Palacio da Ópera da Coruña, dous, os mesmos que se celebrarán no Teatro Principal de Ourense e no Círculo das Artes de Lugo. Na cidade de Pontevedra terá lugar unha actuación. 


- Te recomendamos -