Inicio Galicia A provincia de Lugo lucirá este verán 27 distintivos azuis en praias,...

A provincia de Lugo lucirá este verán 27 distintivos azuis en praias, portos deportivos, sendeiros e centros de visitantes

0

A directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo, asistiu esta mañá ao izado da bandeira na praia de Xilloi, que xa recibira este distintivo o ano pasado e convértese nunha das 18 praias lucenses galardoadas na tempada actual

A provincia de Lugo lucirá este verán un total de 27 distintivos azuis, unha marca de carácter internacional que outorga cada ano a Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (Adeac) en recoñecemento ao esforzo realizado para o desenvolvemento sostible das zonas litorais. Así o lembrou hoxe a directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo, quen participou en O Vicedo no izado da bandeira concedida á praia de Xilloi, un dos 18 areais lucenses que contarán co distintivo este ano.

En total, Galicia terá este verán 156 galardóns, un dato que a sitúa nunha das primeiras posicións da clasificación nacional. Así, unicamente Valencia supera as 107 bandeiras azuis outorgadas ás praias galegas (as mesmas que en 2019) e en canto a sendeiros azuis, a comunidade afiánzase no primeiro posto, acaparando o 30% dos estandartes outorgados en todo o país a este tipo de itinerarios sostibles.

De todas estas enseñas, 18 ondearán noutras tantas praias de Lugo, mentres que cinco destes distintivos concedéronse a sendeiros que enlazan areais ou portos con bandeira azul e que contribúen a un uso sostible da costa lucense, e tres aos centros de visitantes dos Concellos de Burela e Cervo polo seu labor a prol da educación ambiental sobre os ecosistemas litorais e un ao Real Clube Deportivo de Ribadeo, o único porto deportivo desta provincia que accede a este recoñecemento nesta edición.

Neste sentido, a directora xeral aproveitou o acto para agradecer o traballo e a implicación dos alcaldes desta provincia para cumprir os estándares de calidade esixidos polo programa Bandeira Azul, que contribúe a poñer en valor os 2.091 quilómetros de perímetro costeiro insular e peninsular de Galicia, así como a conservación do seu patrimonio natural e as iniciativas de educación ambiental en marcha.“As nosas praias, portos deportivos, sendeiros azuis e centros azuis lucirán este verán estas distincións, orgullosas de reunir unha excepcional calidade ambiental que é recoñecida en todo o mundo”, destacou a directora xeral, para quen a posición que ocupa Galicia neste ranking é o resultado da cooperación entre o sector turístico e o ambiental a todos os niveis.

A bandeira azul, de feito, tense convertido nunha etiqueta e nun galardón ambiental universalmente coñecido e valorado por turistas e tour operadores. Deste modo, como explicou Belén do Campo, os usuarios e turistas que visitan os areais nos que ondea este estandarte saben que están a gozar dunha praia cunha excelente calidade das augas para o baño, con seguridade e certos servizos, accesible para todos e que se rexen por unha atinada e sustentable xestión ambiental.

Este ano, a maiores, a seguridade sanitaria tamén vai ser esencial, polo que a responsable de Patrimonio Natural lembrou a importancia de que se respecten nos areais as distancias e medidas de hixiene establecidas polas autoridades, ao tempo que fixo un recoñecemento ao labor dos concellos á hora de xestionar estes espazos naturais. “As administracións temos máis que nunca a misión de promover un turismo en condicións de total seguridade, tanto para os que nos visitan como para todos os galegos e galegas”, subliñou.

A continuación detállanse por concellos os areais e tamén os centros azuis localizados na provincia de Lugo que obtiveron bandeira azul na actual edición. En amarelo indícanse as praias que non a recibiran o ano pasado e que, por tanto, estrean distintivo: PROVINCIA DE LUGO

Concello

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre