Inicio Galicia A proposta de Díaz y Díaz Arquitectos e MIBA Arquitects gaña o...

A proposta de Díaz y Díaz Arquitectos e MIBA Arquitects gaña o concurso de ideas para a reforma interior do complexo administrativo de San Caetano

0

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, presentou hoxe os resultados do concurso, que se realizou en colaboración co Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG)


O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou hoxe que a proposta presentada por Díaz y Díaz Arquitectos S.

L.

P. e MIBA Arquitects resultou gañadora do concurso de ideas convocado conxuntamente entre a Xunta e o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) para decidir quen acometerá a reforma interior do complexo administrativo de San Caetano.

A primeira hora desta mañá procedeuse á apertura de sobres para coñecer quen era o estudo que estaba detrás do proxecto elixido. Os criterios que seguiu o xurado para escoller o gañador foron que a proposta primara a funcionalidade e accesibilidade; o aproveitamento da luz natural; a flexibilidade; os espazos abertos; e a procura dunha maior eficiencia. Tamén se tivo en conta que o proxecto permitise un desenvolvemento por fases para poder compatibilizar a obras coa actividade administrativa.

O segundo premio recaeu en Cristina Ansede Viz, e o terceiro en Besada y Failde BMJ Arquitectos S.

C.

P. O primeiro accésit foi para a UTE de Oikos S.

L.

P., Jorge Salgado e Celso López; o segundo para Aybar Mateos S.

L.

P.; e o terceiro para Flu_or S.

C.

Ao concurso presentáronse un total de 24 ofertas, das cales oito foron excluídas por non cumprir os requisitos. Os gañadores recibirán un premio de 70.000 euros; e os segundos, terceiros e accésits repartiranse unha contía de 100.000 euros.

Os gañadores, ademais do premio -e unha vez comprobado que a documentación administrativa requirida no prego é correcta- encargaranse de redactar o proxecto definitivo e a dirección das obras, polo que en total os seus honorarios ascenderán a 860.000 eurosA previsión é que a primeira fase das obras se licite a finais deste ano ou principios do seguinte.

Reforma integral de San CaetanoA reforma interior do Complexo Administrativo de San Caetano terá un orzamento máximo de 29 millóns de euros. Entre os obxectivos principais desta reforma está a mellora das condicións de traballo do persoal funcionario e da calidade da atención á cidadanía.

Compleméntanse así as reformas que se viñeron acometendo neste complexo administrativo nos últimos anos, como a instalación en 2016 dun sistema de calefacción central en todo o complexo, alimentado con biomasa; e ás reformas do último ano, que se centraron na mellora enerxética do edificio coa instalación de novas cubertas e fiestras e á dotación de iluminación LED.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre