Inicio Galicia A praza de Vilagarcía celebra a campaña ?Quere o teu mercado? coa...

A praza de Vilagarcía celebra a campaña ?Quere o teu mercado? coa que a Xunta destaca a calidade destes establecementos

0

A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, visitou hoxe a localidade no marco desta iniciativa que culmina mañá co Día do Mercado

A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez Abeal, visitou hoxe a praza de abastos de Vilagarcía de Arousa no marco da iniciativa Quere o teu mercado, promovida pola Consellería de Economía, Emprego e Industria e na que participan un total de 86 prazas e mercados de toda a comunidade. Na súa visita, Sol Vázquez Abeal coñeceu o resultado da segunda fase de remodelación do mercado vilagarcián, unha actuación que a Xunta impulsou con 240.000 euros e que permitiu poñer en valor o edificio e o acondicionar o espazo comercial.

A Consellería de Economía, Emprego e Industria, no seu propósito de promover os mercados e prazas de abastos galegos, incentivar o consumo de produtos frescos e resaltar os valores da compra local e a profesionalidade e bo facer dos praceiros e praceiras leva a cabo en Galicia, por cuarto ano consecutivo, a campaña Quere o teu mercado, unha actuación de carácter internacional de promoción dos mercados locais e prazas de abastos.

Leer más:  La compraventa de viviendas en Galicia aumenta un 38,4% en febrero, seis veces más que la media nacional

En total 3.000 praceiros e praceiras de toda a comunidade organizan todo tipo de eventos para poñer en valor os produtos de calidade dos seus mercados como degustacións gastronómicas, showcookings ou obradoiros de cociña, concursos de tapas e exhibicións de pratos elaborados con produtos do mercado.

Ademais, a iniciativa, que se celebra en colaboración coas asociacións e federacións de praceiros e praceiras e os concellos, culminará mañá sábado 26 de maio co Día do Mercado, no que ademais de realizar distintas actividades se agasallará aos clientes con material promocional da campaña.

A iniciativa Quere o teu mercado, que este ano se celebra baixo o lema Preto do teu corazón, busca atraer clientes e transmitir todos os beneficios que ten consumir nos mercados de proximidade. Trátase de unir a nivel internacional aos mercados locais de diferentes formas e tamaños nun fin común: aumentar a súa visibilidade, a presenza de consumidores e o consumo no comercio de proximidade, ao tempo que se fortalecen os lazos de unión e a fidelización cos usuarios.

Leer más:  Prisión provisional, comunicada y sin fianza para los cuatro detenidos por el apuñalamiento en el Orzán (A Coruña)

Quere o teu mercado (Love Your Local Market) está promovido a nivel internacional pola World Union of Wholesale Markets, e este ano únense Portugal e Brasil aos mercados de España, Reino Unido, Francia, Alemaña, Holanda, Polonia, Italia, Irlanda, Bélxica, Grecia, Dinamarca, Suecia, Hungría, Serbia, China, Arxentina e Estados Unidos. A información da campaña pódese atopar na páxina web http://www.quereoteumercado.gal/ ou ben a través do Facebook https://www.facebook.com/quereoteumercado.


- Te recomendamos -