Inicio Galicia A praza de abastos de Tomiño convértese na primeira en contar co...

A praza de abastos de Tomiño convértese na primeira en contar co selo de mercado excelente que outorga a Xunta

0

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, sinala que o traballo dos praceiros e praceiras é clave para converter estas instalacións nun emblema de calidade e excelencia

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, entregou hoxe á praza de abastos de Tomiño o distintivo de Mercado Excelente, converténdose así no primeiro en contar con este selo que outorga a Xunta. Conde sinalou que se trata dun recoñecemento ao traballo colectivo, salientando o esforzo das distintas partes implicadas.

Así, apuntou que o Concello que apostou por estas instalacións, contando cun apoio da Xunta de máis de 400.000 euros, e resaltou de xeito especial a implicación dos praceiros e praceiras, que coa súa profesionalidade converten o mercado tomiñés nun emblema de calidade e excelencia. Do mesmo xeito, subliñou o respaldo da cidadanía, que comprando no mercado día a día potencia un punto de encontro no que o comercio, a gastronomía e as actividades de ocio van da man, e un centro de negocios no que pemes e autónomos desenvolven a súa actividade de forma competitiva, creando riqueza e emprego.

Leer más:  El mal tiempo no frena a los peregrinos: Santiago recibe 4.000 caminantes antes del arranque de los festivos

A praza de Tomiño acada o selo de Mercado Excelente pola súa resposta aos retos de modernización e innovación sen perder a súa autenticidade e tradición, así como pola proximidade e o trato personalizado. Á hora de conceder este recoñecemento, a Xunta valorou catro grandes áreas: a imaxe do mercado, instalacións e accesibilidade; a organización, unidade de xestión e profesionalidade dos praceiros e praceiras; a atención ao cliente e a prestación de servizos; e a implicación e integración do mercado na vida social do concello.

Francisco Conde sinalou que, para que máis prazas de abastos avancen neste camiño, o próximo ano a Consellería de Economía, Emprego e Industria porá en marcha unha nova orde de axudas na que os Mercados Excelentes terán preferencia. Ademais, sinalou que no vindeiro 2019 as prioridades da Xunta en materia de comercio seguirán sendo a dixitalización e a innovación do sector. A este ámbito destinarase preto dun 12% máis no orzamento, o que permitirá a posta en marcha de novas iniciativas como os laboratorios dixitais, que asesorarán e guiarán aos comerciantes.

Este incremento no orzamento tamén posibilitará incidir en aspectos como a ecoinnovación, buscando a sustentabilidade ambiental do sector. Neste ámbito, sinalou que se vai buscar a colaboración das asociacións de comerciantes das prazas de abastos para a utilización de ecoenvases, o que permitirá incidir aínda máis na vinculación co territorio que teñen estas instalacións. 

Leer más:  Interceptan a un conductor que se dio a la fuga en Culleredo (A Coruña) tras colisionar con tres coches

- Te recomendamos -