Inicio Galicia A porcentaxe de participación nas oposicións para a categoría de camareiro-limpador/axudante de...

A porcentaxe de participación nas oposicións para a categoría de camareiro-limpador/axudante de cociña chegou ao 61%

0

Esta mañá tamén se realizou o exame para o ingreso no corpo de xestión A2, no que participou o 42% das persoas convocadas

A porcentaxe de participación nas oposicións celebradas esta tarde no recinto da Feira Internacional de Galicia (en Silleda) para o ingreso na categoría de camareiro-limpador/axudante de cociña situouse no 61%. A estas probas estaban convocados un total de 6.751 aspirantes, dos que finalmente se presentaron 4.124.

Ademais, esta mañá tamén tivo lugar o primeiro exercicio para o ingreso no corpo de xestión da Administración Xeral da Comunidade Autónoma A2, para o que se presentaron 843 dos 2.010 aspirantes convocados, o que supón unha porcentaxe de participación do 42%.

A xornada de onte -día de inicio das probas-, como a de hoxe, transcorreu sen incidencias e todos os exames desenvolvéronse con total normalidade. Hai que ter en conta que o acceso aos pavillóns nos que se realizaron os exames e as propias probas estiveron controladas por un operativo de 380 persoas.

En cada porta ubicáronse entre seis e oito persoas, dependendo do volume de aspirantes de cada proceso selectivo, o que permitiu garantir a seguridade no acceso e a súa fluidez, co obxectivo de que todos os opositores realizasen o exame de xeito simultáneo. O recinto feiral de Silleda contou tamén durante a fin de semana cunha ambulancia, habilitada pola Administración galega para atender calquera incidencia que se puidese producir durante a realización das probas.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre