Inicio Galicia A porcentaxe de participación na categoría de médico de atención primaria das...

A porcentaxe de participación na categoría de médico de atención primaria das oposicións do Sergas supera o 83%

0

 Presentáronse 847 opositores dos 1.010 que estaban admitidos


Normal

0

21

false

false

false

Silleda, 25 de novembro de 2018.- Un total de 847 médicos de atención primaria acudiron   hoxe pola mañá ao Recinto da Feira Internacional de Galicia (Silleda-Pontevedra), para realizar os exames do concurso oposición correspondentes á convocatoria do ano 2018. O número de médicos que estaban admitidos eran un total de 1.010; o que supón unha participación do 83,86%. En quenda de tarde examinaranse os aspirantes das categorías de grupo técnico da función administrativa e técnico superior en documentación sanitaria. Ao recinto de Silleda acudiu hoxe pola mañá o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña.

/* Style Definitions */

table.

MsoNormalTable {mso-style-name:»Tabla normal»; mso-tstyle-rowband-size:0; mso-tstyle-colband-size:0; mso-style-noshow:yes; mso-style-priority:99; mso-style-parent:»»; mso-padding-alt:0cm 5.4pt 0cm 5.4pt; mso-para-margin:0cm; mso-para-margin-bottom:.0001pt; mso-pagination:widow-orphan; font-size:10.0pt; mso-bidi-font-size:12.0pt; font-family:»Liberation Serif»,»serif»; mso-font-kerning:1.0pt; mso-fareast-language:ZH-CN; mso-bidi-language:HI;}

 Tamén se celebran hoxe pola mañá as probas da categoría de enxeñeiro técnico, ao que acudiron 163 aspirantes dos 227 que estaban citados, o que supón unha participación do 71,81%.  O número total de aspirantes admitidos para a realización das probas selectivas desta fin de semana en Silleda é de 2.557, dos cales, 1.010 corresponden á categoría de médico de familia, 277 á de grupo técnico da función administrativa, 774 á de grupo de xestión da función administrativa, 227 a enxeñeiro técnico e 269 optan a técnico superior en documentación sanitaria.  Ofértanse neste proceso un total de 286 prazas, das cales 241 pertencen á categoría de médico familia, 18 ao grupo de xestión da función administrativa, 11 a técnico superior en documentación sanitaria, 9 a grupo técnico da función administrativa e 7 corresponden a enxeñeiro técnico.  O 53,34% dos admitidos teñen actualmente vínculo activo co Servizo Galego de Saúde.  Cómpre destacar como datos de interese que o 3,17% dos aspirantes proveñen de fóra da Comunidade Autónoma de Galicia, o 41,93% teñen menos de 40 anos e o 68,36% do total son mulleres.

Leer más:  La compraventa de viviendas en Galicia aumenta un 38,4% en febrero, seis veces más que la media nacional

- Te recomendamos -