Inicio Galicia A Polifónica de Pontevedra actúa o sábado no Gaiás diante dun pano...

A Polifónica de Pontevedra actúa o sábado no Gaiás diante dun pano deseñado por Castelao, contadas veces exhibido

0

O concerto encádrase nas actividades ao redor da exposición ‘Castelao maxistral’, que xa leva máis de 15.000 visitantes para ver por vez primeira en Galicia ‘A derradeira leición do mestre’


O recital da Coral Polifónica de Pontevedra deste sábado, día 1, no Museo Centro Gaiás ofrece a oportunidade case única de poder ver un dos panos deseñados á formación por Alfonso D. Rodríguez Castelao. Trátase da tea ornamental que reproduce a figura do Rei David, o monarca músico, e que se exhibe en moi contadas ocasións, debido as dificultades que supón polas súas dimensións (5,5 metros de alto por 7,8 metros de ancho) e polo seu peso.

Esta actuación especial inxírese dentro do programa de actividades coas que se está dinamizar a exposición Castelao maxistral. A boa obra ao mestre honra que ten recibido —desde a súa inauguración o pasado 5 de outubro— a máis de 15.000 visitantes, polo alto interese que esperta ver por vez primeira en Galicia o icónico lenzo A derradeira leición do mestre, pintado en 1945 polo artista de Rianxo, en homenaxe ao seu amigo e intelectual asasinado Alexandre Bóveda.

Leer más:  Ingresado en planta con evolución favorable el hombre apuñalado en el Orzán, en A Coruña

Precisamente, o egrexio rianxeiro foi cantor, fundador, escenógrafo e presidente da coral pontevedresa e por este motivo a exposición Castelao maxistral vístese con este recital gratuíto —con retirada previa de convite no Museo Centro Gaiás— no que o seu valor emocional e simbólico verase acrecentado pola exhibición do pano do Rei David, adoptado como emblema pola Coral. Esta gran tea ornamental foi unha das empregados no primeiro concerto ofrecido con carácter autónomo pola Sociedade Coral Polifónica, celebrado no Teatro Principal de Pontevedra o 23 de marzo de 1926 co director Antonio Blanco Porto.

O pano foi restaurado en dúas ocasións, a última no ano 2000, e está depositado no Museo de Pontevedra, que o cede para este recital especial e que atesoura unha importante representación da obra e documentación de Castelao, como a estampa número 6 de Galicia Mártir, na que se basea A derradeira leición do mestre.

O vínculo de Castelao coa CoralA Sociedade Coral Polifónica de Pontevedra actuou por primeira vez en público o día 9 de abril de 1925 na igrexa conventual de San Francisco de Pontevedra. Daquela, naceu coa intención de reivindicar a brillante tradición musical de Galicia, a mans dun grupo de relevantes personalidades, entre elas Antón Losada Diéguez, Alfonso R. Castelao, Alexandre Bóveda, Antonio Blanco Porto ou Antonio Iglesias Vilarelle. Desde aquel momento ata o día de hoxe, a coral suma centos de concertos, moitos deles fóra das nosas fronteiras.

Leer más:  Primeras matrículas universitarias gratis en Galicia, primera promesa electoral de Rueda en campaña

O seu repertorio para o recital céntrase na música medieval, polifonía dos séculos XVI e XVII, maiormente sacra e madrigais, e música popular harmonizada, sobre todo galega. Dividido en tres bloques temáticos, a directora Nanette Sánchez Ordaz será a encargada de darlles paso e explicalos ao longo da actuación.

Nestes máis de 90 anos, a coral foi dirixida por numerosos profesionais: Antonio Blanco Porto, Antonio Iglesias Vilarelle, Manuel Fernández Cayeiro, Agustín Bertomeu Salazar, José Antonio Sánchez Rodríguez, José Verea Montero, Marlene Armentero Cutiño, e desde 2013 por Nanette Sánchez Ordaz. Entre outros galardóns, recibiu a Primeira Medalla de Prata da Cidade de Pontevedra e o Premio Cidade de Pontevedra 2000. 


- Te recomendamos -