Inicio Galicia A Policía Autonómica tramitou esta semana máis de 200 denuncias en 50...

A Policía Autonómica tramitou esta semana máis de 200 denuncias en 50 concellos nos operativos relacionados co cumprimento das medidas ante a covid-19

0
image_gallery.jpg

Os axentes levaron a cabo estes dispositivos desde o pasado venres no marco do plan de actuacións específicas destinadas á prevención, inspección e control do cumprimento das medidas para evitar a propagación da covid-19


Axentes da Policía Autonómica levaron a cabo durante a última semana case 300 dispositivos na comunidade galega nos que tramitaron máis de 200 denuncias no marco do plan de actuacións específicas destinadas á prevención, inspección e control do cumprimento das medidas adoptadas polas autoridades competentes pola covid-19.

Os operativos leváronse a cabo entre o pasado venres 30 de outubro, coincidindo coa entrada en vigor da orde na que se publicaban novas medidas para facer fronte á crise sanitaria en determinados ámbitos territoriais da comunidade como as cidades e as súas áreas, ata este xoves, 5 de novembro.

Nestes días, a Policía Autonómica realizou arredor de 700 inspeccións en medio cento de municipios galegos que deron como resultado a identificación de máis de 3.700 persoas e a tramitación de 200 denuncias.

Os dispositivos tiveron lugar en 50 concellos da comunidade, entre eles as sete grandes cidades: 17 na provincia da Coruña, 12 da de Lugo, 7 da de Ourense e 14 da de Pontevedra.

As actuacións enmárcanse no seo da colaboración entre as forzas e corpos de seguridade, cada unha no marco das súas competencias.

As inspeccións centráronse no control de fumadores na rúa e en terrazas, aglomeracións, festas privadas, o uso obrigatorio da máscara e o cumprimento da distancia de seguridade, aforos, horario de peche e as medidas sanitarias en terrazas, espectáculos públicos e nos establecementos abertos ao público.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre