Inicio Galicia A Policía Autonómica tramitou 11 denuncias nun establecemento hoteleiro de Santiago de...

A Policía Autonómica tramitou 11 denuncias nun establecemento hoteleiro de Santiago de Compostela por incumprir as medidas ante a Covid-19

0
image_gallery.jpg

Os axentes inspeccionaron o local tras recibir aviso de que se incumpría a normativa vixente e atoparon xantando no comedor a 10 persoas que non estaban aloxadas no establecemento, polo que se tramitaron denuncias a estes clientes e ao dono do negocio


A Policía Autonómica tramitou 11 actas de infracción nun establecemento hoteleiro en Santiago de Compostela por incumprir as medidas sanitarias adoptadas para a prevención da covid-19.

O dispositivo de vixilancia levouse a cabo o pasado luns, 9 de novembro, por parte de axentes da Sección de Investigación da Xefatura de Santiago de Compostela, tras recibir información de que se estaba a infrinxir a normativa vixente neste local. Durante o operativo, os axentes observaron gran afluencia de persoas que accedían en grupos ao interior antes de proceder á súa inspección.

No interior identificaron a 24 persoas, das que 10 non estaban aloxadas no establecemento. Os feitos puxéronse en coñecemento das autoridades competentes e tramitáronse 11 actas de infracción aos clientes que incumprían a norma e ao dono do establecemento.

O operativo enmárcase no plan de actuacións específicas destinadas á prevención, inspección e control do cumprimento das medidas adoptadas polas autoridades competentes ante a covid-19.

As inspeccións deste plan céntranse no control de fumadores na rúa e en terrazas, aglomeracións, festas privadas, o uso obrigatorio da máscara e o cumprimento da distancia de seguridade, aforos, horario de peche e as medidas sanitarias en terrazas, espectáculos públicos e nos establecementos abertos ao público. As actuacións enmárcanse no seo da colaboración entre as forzas e corpos de seguridade, cada unha no marco das súas competencias.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre