Inicio Galicia A Policía Autonómica requisa 34 quilos de percebe e 15 de ourizo...

A Policía Autonómica requisa 34 quilos de percebe e 15 de ourizo de mar en varias operacións contra o furtivismo na Coruña

0

As operacións leváronse a cabo por policías adscritos ao Grupo de Investigación do Medio Ambiente da Sede Provincial da Coruña


Axentes da Policía Autonómica veñen de requisar de 34 quilos de percebe e 15 de ourizo de mar en varias operacións contra o furtivismo realizadas na Coruña, tramitándose as correspondentes actas de infracción e comisándose igualmente os medios utilizados para a extracción do mencionado marisco.

A primeira intervención foi o día 3 nas inmediacións da Praia das Lapas (A Coruña), comisándolle a dúas persoas sendas bolsas con 6 quilos de percebes cada unha. O día 4 na zona de Bens, os Policías actuantes interceptaron a tres persoas dos que se tiña coñecemento que estiveran mariscando ilegalmente, incautándolles as bolsas que contiñan 22 quilos de percebe, así coma os útiles utilizados: tres rapas e un salabardo.

No día de onte, 5 de maio, a intervención fíxose na zona da Torre de Hércules, comisándolle a un veciño de Camariñas, unha bolsa con 15 quilos de ourizo de mar de gran tamaño. O ourizo intervido foi devolto ao mar, os percebes foron entregados nun centro benéfico da Coruña, tramitándose as correspondentes actas de infracción, comisándose igualmente os medios utilizados para a extracción do mencionado marisco. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre