Inicio Galicia A Policía Autonómica remata a operación ‘Vandabal’ coa investigación de 29 persoas...

A Policía Autonómica remata a operación ‘Vandabal’ coa investigación de 29 persoas por presuntos delitos de furtivismo

0

O dispositivo levouse a cabo no poboado do Portiño, na costa próxima e na Lonxa da Coruña coa colaboración do Servizo de Gardacostas da Xunta de Galicia

A Policía Autonómica vén de finalizar a operación ‘Vandabal’, que resultou na investigación e/ou detención de 29 persoas acusadas de presuntos delitos de furtivismo e receptación. Ademais, como consecuencia da mesma, tamén se comisaron 200 quilos de percebe extraído ilegalmente e un vehículo utilizado para o seu transporte.

O dispositivo desenvolveuse na zona do poboado do Portiño, na costa próxima e na Lonxa da Coruña e contou coa colaboración da subdirección xeral de Gardacostas da Xunta de Galicia. A investigación comezou no mes de agosto do pasado ano e rematou este mes de abril.

Durante a vixilancia e investigacións, membros do grupo ERPOL da Policía Autonómica de Santiago de Compostela detectaron un grupo de persoas que extraían percebe na Illa de Vandabal, chegando case a esquilmar o produto. Estas persoas carecían de licenza para a actividade, e non respectaba as zonas vedadas, o tamaño do marisco nin as cantidades máximas diarias.

Posteriormente, o produto poñíase a disposición dos consumidores, a través da venda a particulares que, ás veces, revendían á súa vez o produto a establecementos hostaleiros da cidade; ou transportando o marisco ata a lonxa, onde lograban introducilo de forma ilícita no circuíto de venda legal.

Polos feitos descritos, tramitáronse dilixencias aos xulgados da Coruña.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre