Inicio Galicia A Policía Autonómica levou a cabo 73 inspeccións esta fin de semana...

A Policía Autonómica levou a cabo 73 inspeccións esta fin de semana para o control das medidas adoptadas ante a covid-19

0

Nestes controis identificáronse a 65 persoas e levantáronse 35 actas de infracción


Axentes da Policía Autonómica levaron a cabo esta fin de semana 73 inspeccións en 17 concellos galegos no marco do Plan de actuación específico destinado á inspección e control das medidas adoptadas polas autoridades competentes para facer fronte á crise sanitaria provocada pola covid-19. Nestes controis identificáronse a 65 persoas e levantáronse 35 actas de infracción.

En base a este Plan, a Policía Autonómica destinou efectivos e recursos entre o 3 e o 6 de xullo a controlar que se están a cumprir as medidas vixentes para frear a expansión da enfermidade. Realizáronse 61 dispositivos nos concellos de A Coruña, Boiro, Ourense, Leiro, O Carballiño, San Amaro, Baiona, Nigrán, Portonovo, Sanxenxo, Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Ribadeo, Viveiro e Xove. Os axentes das distintas sedes, con apoio da Xefatura de Santiago, actuaron en dispositivos en quendas de mañá, tarde e noite preferentemente para informar, disuadir controlar e, de ser necesario, propoñer sanción.

Ademais, e en coordinación coas demais forzas e corpos de seguridade, traballaron en establecementos abertos ao público, centros comerciais ou zonas de ocio nocturno para garantir que se cumpren as medidas sanitarias, como o uso de máscara, a distancia interpersoal, a hixiene, ou aforo e acondicionamento.

Por outra parte, os axentes tamén levaron a cabo comprobacións da localización nos seus domicilios das persoas afectadas polo brote da Mariña. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre