Inicio Galicia A Policía Autonómica leva a cabo un dispositivo extraordinario de control de...

A Policía Autonómica leva a cabo un dispositivo extraordinario de control de consumo e venda de alcohol a menores en Lugo

0

Realizáronse 91 identificacións e levantáronse 35 actas de infracción por consumo de alcohol e por tenza e consumo de sustancias estupefacientes

Axentes do grupo de Menores da Policía Autonómica levaron a cabo un dispositivo extraordinario de control de consumo e venda de alcohol a menores de idade o pasado fin de semana en Lugo con motivo das festas do Entroido.

Realizáronse dous dispositivos que deron como resultado a identificación de 91 persoas. Levantáronse 35 actas de infracción, 33 delas por consumo de alcohol en menores e as dúas restantes por incumprimento da Lei 4/2015 de protección da seguridade cidadá por tenza e consumo de sustancias estupefacientes. Entre as persoas identificadas figuran dous menores de 14 anos, un deles por consumir alcohol e outro ao que se lle comisaron cinco cigarros dunha sustancia, ao parecer marihuana. A Policía Autonómica, dende a entrada en vigor da Lei 11/2010, de prevención de bebidas alcohólicas aos menores de idade, leva a cabo diversos dispositivos policiais por toda a comunidade galega, para velar polo cumprimento da mesma e previr o consumo deste tipo de bebidas polos menores de idade. Nestes dispositivos, ademais das denuncias pola infracción da Lei 11/2010, tamén se informa aos propietarios dos locais do seu contido, das actuacións que deben levar a cabo para o cumprimento da mesma e evitar o consumo de alcol entre os menores de idade, así como, que por parte da Policía Autonómica se continuará coas actividades necesarias para velar polo cumprimento da norma.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre