Inicio Galicia A Policía Autonómica leva a cabo 90 inspeccións para velar polo cumprimento...

A Policía Autonómica leva a cabo 90 inspeccións para velar polo cumprimento da Lei de prevención de bebidas alcohólicas en menores

0

A Policía Autonómica, dende a entrada en vigor da Lei 11/2010, de prevención de bebidas alcohólicas aos menores de idade, leva a cabo diversos dispositivos policiais por toda a comunidade galega

Axentes do grupo de Menores da Policía Autonómica levaron a cabo entre o 27 de agosto e o 2 de setembro un total de 90 inspeccións de control en 6 concellos galegos.

Por parte dos distintos Grupos de Menores da Policía Autonómica da Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e Santiago de Compostela nesta pasada semana realizáronse 26 dispositivos de control de menores en risco de desamparo (absentismo escolar e consumo de alcohol/tabaco e drogas en menores de idade), nos concellos da Coruña, Mazaricos, Santiago de Compostela, Tordoia, Carballeda de Avia e Cangas.

Como resultado do dispositivo levado a cabo, foron identificadas 8 persoas e inspeccionadas 90 zonas de ocio, locais e centros comerciais. Levantáronse 2 actas de infracción, ambas pola falta de cartel informativo de prohibición de venda de tabaco e alcol a menores.

A Policía Autonómica, dende a entrada en vigor da Lei 11/2010, de prevención de bebidas alcohólicas aos menores de idade, leva a cabo diversos dispositivos policiais por toda a Comunidade Galega, para velar polo cumprimento da mesma e previr o consumo deste tipo de bebidas polos menores de idade.

Leer más:  El mal tiempo no frena a los peregrinos: Santiago recibe 4.000 caminantes antes del arranque de los festivos

Nestes dispositivos, ademais das denuncias pola infracción da Lei 11/2010, tamén se informa aos propietarios dos locais do seu contido, das actuacións que deben levar a cabo para o cumprimento da mesma e evitar o consumo de alcol entre os menores de idade, así como, que por parte da Policía Autonómica se continuará coas actividades necesarias para velar polo cumprimento da norma.


- Te recomendamos -