Inicio Galicia A Policía Autonómica leva a cabo 89 inspeccións para velar polo cumprimento...

A Policía Autonómica leva a cabo 89 inspeccións para velar polo cumprimento da Lei de prevención de bebidas alcohólicas en menores

0

A Policía Autonómica, dende a entrada en vigor da Lei 11/2010, de prevención de bebidas alcohólicas aos menores de idade, leva a cabo diversos dispositivos policiais por toda a comunidade galega

Axentes do grupo de Menores da Policía Autonómica levaron a cabo entre o 29 de outubro ao 4 de novembro un total de 89 inspeccións de control en 11 concellos galegos.

Por parte dos distintos Grupos de Menores da Policía Autonómica da Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo nesta pasada semana realizáronse 24 dispositivos de control de menores en risco de desamparo (absentismo escolar e consumo de alcohol/tabaco e drogas en menores de idade), nos concellos da Coruña, Arzúa, Brión, Lugo, Monforte de Lemos, Oleiros, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela, Vigo e Vimianzo.

Como resultado do dispositivo levado a cabo, foron identificadas 34 persoas e inspeccionadas 89 zonas de ocio, locais e centros comerciais.

A Policía Autonómica, dende a entrada en vigor da Lei 11/2010, de prevención de bebidas alcohólicas aos menores de idade, leva a cabo diversos dispositivos policiais por toda a Comunidade Galega, para velar polo cumprimento da mesma e previr o consumo deste tipo de bebidas polos menores de idade.

Nestes dispositivos, ademais das denuncias pola infracción da Lei 11/2010, tamén se informa aos propietarios dos locais do seu contido, das actuacións que deben levar a cabo para o cumprimento da mesma e evitar o consumo de alcol entre os menores de idade, así como, que por parte da Policía Autonómica se continuará coas actividades necesarias para velar polo cumprimento da norma. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre