Inicio Galicia A Policía Autonómica leva a cabo 150 inspeccións para velar polo cumprimento...

A Policía Autonómica leva a cabo 150 inspeccións para velar polo cumprimento da Lei de prevención de bebidas alcohólicas en menores

0

A Policía Autonómica, dende a entrada en vigor da Lei 11/2010, de prevención de bebidas alcohólicas aos menores de idade, leva a cabo diversos dispositivos policiais por toda a comunidade galega

Axentes do grupo de Menores da Policía Autonómica levaron a cabo entre o 14 e o 27 de febreiro en 17 concellos galegos un total de 150 inspeccións de control de venda e consumo de bebidas alcohólicas e tabaco.

Por parte dos distintos Grupos de Menores da Policía Autonómica da Coruña, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo nesta pasada semana realizáronse 33 dispositivos de control de menores en risco de desamparo (absentismo escolar e consumo de alcohol/tabaco e drogas en menores de idade), nos concellos de A Coruña, A Guarda, Ames, Brión, Lalín, Lugo, Negreira, Ourense, Padrón, Ponteareas, Pontevedra, Porto do Son, Ribas de Sil, Ribeira, Rois, Santiago de Compostela e Vigo.

Como resultado do dispositivo levado a cabo, foron identificadas 99 persoas e inspeccionadas 150 zonas de ocio, locais e centros comerciais. Levantáronse 18 actas de infracción: 13 por consumo de alcohol e 5 por venda de alcohol.

A Policía Autonómica, dende a entrada en vigor da Lei 11/2010, de prevención de bebidas alcohólicas aos menores de idade, leva a cabo diversos dispositivos policiais por toda a Comunidade galega, para velar polo cumprimento da mesma e previr o consumo deste tipo de bebidas polos menores de idade.

Nestes dispositivos, ademais das denuncias pola infracción da Lei 11/2010, tamén se informa aos propietarios dos locais do seu contido, das actuacións que deben levar a cabo para o cumprimento da mesma e evitar o consumo de alcol entre os menores de idade, así como, que por parte da Policía Autonómica se continuará coas actividades necesarias para velar polo cumprimento da norma.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre