Inicio Galicia A Policía Autonómica leva a cabo 121 inspeccións para velar polo cumprimento...

A Policía Autonómica leva a cabo 121 inspeccións para velar polo cumprimento da Lei de prevención de bebidas alcohólicas en menores

0

A Policía Autonómica, dende a entrada en vigor da Lei 11/2010, de prevención de bebidas alcohólicas aos menores de idade, leva a cabo diversos dispositivos policiais por toda a comunidade galega

Axentes do grupo de Menores da Policía Autonómica levaron a cabo entre o 17 e o 23 de agosto un total de 121 inspeccións de control en 18 concellos galegos.

Por parte dos distintos Grupos de Menores da Policía Autonómica da Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo nesta pasada semana realizáronse 44 dispositivos de control de menores en risco de desamparo (absentismo escolar e consumo de alcohol/tabaco e drogas en menores de idade), nos concellos da Coruña, Ames, Boiro, Cambre, Lugo, Marín, Negreira, O Porriño, Oroso, Ourense, Pontevedra, Ribeira, Rois, Santiago de Compostela, Tordoia, Tui, Vigo e Vilagarcía.

A Policía Autonómica, dende a entrada en vigor da Lei 11/2010, de prevención de bebidas alcohólicas aos menores de idade, leva a cabo diversos dispositivos policiais por toda a Comunidade Galega, para velar polo cumprimento da mesma e previr o consumo deste tipo de bebidas polos menores de idade.

Leer más:  Un fuego arrasa 20 hectáreas en Oímbra, Ourense, y el incendio en Crecente, Pontevedra, se mantiene bajo control

Nestes dispositivos, ademais das denuncias pola infracción da Lei 11/2010, tamén se informa aos propietarios dos locais do seu contido, das actuacións que deben levar a cabo para o cumprimento da mesma e evitar o consumo de alcol entre os menores de idade, así como, que por parte da Policía Autonómica se continuará coas actividades necesarias para velar polo cumprimento da norma. 


- Te recomendamos -